I CONCURSO BOLAS DE NADAL organizdo por: centro comercial aberto AECOR, Concello de Ordes e Consellería de Economía e Industria.

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

 

HORARIO DE CLASE NO CASO DE CONFINAMENTO (de 3º a 6º DE E.P.)

Dacordo co establecido no Plan de ensino virtual pola Consellería de Educación e seguindo o establecido na Resolución conxunta, do 2 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaría Xeral de Educación E Formación Profesional, dende o Equipo Directivo, facemos públicos os horarios "espello" que seguiría o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria no hipotético caso de ter que continuar o proceso de ensino-aprendizaxe de xeito virtual. Estes, mostran unha distribución das "sesións virtuais" que terían que seguir os/as alumnos/as no caso de confinamento total (todo o centro) ou parcial (unha clase enteira).

Non obstante, queremos destacar que cada titor/a especificará a cada grupo de alumnos/as e familias como proceder de xeito específico, xa que estes horarios mostran unha distribución horaria que é posible que nalgúns casos non se poida cumprir por problemas técnicos ou de conciliación familiar. Son uns horarios flexibles e adaptables que esixen dunha comunicación fluída entre centro e familias.

Co alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria empregarase de xeito prioritario a Aula Virtual.

Para coñecer un pouco máis polo miúdo o Plan de Continxencia do noso centro, onde se especifican aspectos relativos ao Plan de Ensino Virtual, premede aquí.

Para ver os horarios "espello", premede aquí.

Atentamente, o Equipo Directivo.

 

 

O SAMAÍN NAS CLASES DE 3 ANOS...

Así viviron o SAMAÍN os nenos e as nenas de 3 anos do CEIP ADR Castelao de Ordes...

Premede na imaxe para ver a montaxe...

 

 

 

 

A MARUXAINA... POR 2ºC

Os nenos e as nenas de 2ºC traballaron o personaxe da Maruxaina...

Premede no enlace para ver o seu traballo...

https://drive.google.com/file/d/10jRkHMuxO-JOrQxzl0Z5mr5ejDt-_f4I/view?usp=sharing

 

 

SAMAÍN 2020. 5 ANOS B.

Dende a clase de 5 anos B, igual que @s nos@s compis de nivel, decidimos adicar o Samaín a unha personaxe moi típica e terrorífica: a bruxa.

Ao longo da semana estivemos lendo contos de bruxas, escoitando cancións sobre elas e aprendendo conxuros máxicos.

Os nenos e as nenas de 5 anos B puxeron moitas ganas na súa manualidade terrorífica.

Aquí tedes os pasos por se queredes facela na casa...

Agardamos que vos guste!!

Nós estamos encantad@s co resultado!!

 

Primeiro pintamos os pratos de verde para que as nosas bruxas deran moito medo.

 

 

Despois picamos o sombreiro puntiagudo.

 

 

E puxémoslle unha cinta dourada que recortamos nós mesm@s para poñer as bruxas de gala, que para iso estamos na súa festa!!

 

 

Que divertido foi facerlles o pelo alborotado, cheo de cores diferentes!

 

 

A continuación, pintamos os ollos e debuxámoslles nariz, boca, verrugas, cicatrices... Temos moita imaxinación!!

 

 

E tras unhas estreliñas de cores, este é o resultado!!

 

 

 

SAMAÍN 2020. 5 ANOS A.

Os nen@s de 5 anos A decidimos facer unha bruxa para festexar o Samaín.

 

Primeiro pintamos os pratos de papel coa cor verde...

 

 

En segundo lugar, picamos o sombreiro...

 

 

Con moito coidado recortamos a franxa dourada para adornar o sombreiro...

 

 

Pintamos, recortamos e pegamos uns ollos terroríficos...

 

 

Para rematar, pegamos unhas estreliñas no sombreiro...

 

 

Debuxamos nariz e boca para rematar. E este é o resultado final... Agardamos que vos guste!!

 

 

 

 

SAMAÍN 2020. 4 ANOS.

Neste Samaín os nenos e as nenas de 4 anos presentamos as nosas creacións mostruosas!!

Premede nos seguintes enlaces para velas...

4 anos A

https://drive.google.com/file/d/1eNzE-kZCCXDl1k7gYnL8TKI9zLmZDWLU/view

 

4 anos B

https://drive.google.com/file/d/1x1gE5ngms_Rjlz6nyptuMcEMQ6Ya8k7K/view

 

 

 

INFORMACIÓN DE CASOS POSITIVOS DE COVID ENTRE O ALUMNADO DO CENTRO. INFORMACIÓN A DÍA 15-10-2020

Tivemos ata este momento varios casos de contaxio no alumnado, escolarizado no noso centro, por Covid-19, e queremos aclarar:

- Cando Sanidade detecta un caso positivo (normalmente a través da consulta no Centro de Saúde ou do médico de familia que pide facer unha PCR), pasa a información aos "operadores" da xefatura territorial de Sanidade.

- A Xefatura Territorial de Sanidade abre un expediente co caso e compárteo co colexio a través da aplicación "Educovid" da Xunta.

- O Equipo Covid do colexio recibe unha notificación SMS na que se informa da alta do dito expediente.

- O Equipo Covid do colexio accede ao expediente para introducir e seleccionar os contactos máis estreitos do alumnado afectado. Na aplicación indícase claramente que "NON SE NOTIFIQUE ningún posible contacto ata recibir instrucións da autoridade sanitaria sobre os casos concretos a seleccionar". Na indicación de contactos estreitos, ademais da aula, o tempo e o espazo do patio escolar, terase en conta os que se puidesen xerar nas rutas de bus ou no comedor. Unha vez feito, notifícase a Sanidade a través da propia aplicación.

- É a administración sanitaria quen chama ás familias implicadas e decide as medidas que se deben tomar, tanto no que se refire aos membros do colexio afectados (alumnos, profesores...) como ao mesmo colexio (corentenas, peche dunha aula...).

- En ningún caso o Equipo Covid do colexio pode avisar ás familias antes de que o dito expediente estea aberto e comunicado. O colexio non pode abrir pola súa conta ningún expediente. Pode darse o caso de que teñamos coñecemento antes pola familia que pola aplicación covid, pero non por iso podemos poñer en marcha ningunha acción ata que se nos indica polo protocolo explicado nas liñas anteriores.

 

Moitas grazas. O Equipo Directivo.

 

 

DESCARGA E FUNCIONAMENTO DE ABALARMOBIL (PARA AS FAMILIAS). 14-09-2020

A Consellería de Educación incide na necesidade de dispoñer dunha ferramenta de comunicación bidireccional entre familias e profesorado. Recomendan a app AbalarMobil, que teredes que descargar nos vosos dispositivos móbiles (se inda non a tedes).

Premendo aquí obteredes máis información das súas características e usos.

Neste enlace tedes información adiccional: 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_familias_-_novo_espazoabalar_galegov2.2.pdf

Se tedes algunha dificultade coa descarga ou funcionamento da aplicación, chamade ao centro, ao 881880881 e tentaremos solucionalo.

Un saúdo do Equipo Directivo.

 

 

GUÍA DE COMEZO DE CURSO PARA AS FAMILIAS (01-09-2020)

PREMENDO AQUÍ PODEDES ACCEDER A UNHA BREVE GUÍA COAS NOVAS NORMAS DE COMEZO DO CURSO.

CONCRETARANSE DÚBIDAS E OUTRAS CUESTIÓNS NAS RESPECTIVAS REUNIÓNS COS/COAS TITORES/AS QUE TEDES MARCADAS.

Un saúdo.

O Equipo Directivo