HORARIO DE CLASE NO CASO DE CONFINAMENTO (de 3º a 6º DE E.P.)

Dacordo co establecido no Plan de ensino virtual pola Consellería de Educación e seguindo o establecido na Resolución conxunta, do 2 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaría Xeral de Educación E Formación Profesional, dende o Equipo Directivo, facemos públicos os horarios "espello" que seguiría o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria no hipotético caso de ter que continuar o proceso de ensino-aprendizaxe de xeito virtual. Estes, mostran unha distribución das "sesións virtuais" que terían que seguir os/as alumnos/as no caso de confinamento total (todo o centro) ou parcial (unha clase enteira).

Non obstante, queremos destacar que cada titor/a especificará a cada grupo de alumnos/as e familias como proceder de xeito específico, xa que estes horarios mostran unha distribución horaria que é posible que nalgúns casos non se poida cumprir por problemas técnicos ou de conciliación familiar. Son uns horarios flexibles e adaptables que esixen dunha comunicación fluída entre centro e familias.

Co alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria empregarase de xeito prioritario a Aula Virtual.

Para coñecer un pouco máis polo miúdo o Plan de Continxencia do noso centro, onde se especifican aspectos relativos ao Plan de Ensino Virtual, premede aquí.

Para ver os horarios "espello", premede aquí.

Atentamente, o Equipo Directivo.