XINCANA POLA IGUALDADE.

Continuamos coa conmemoración do 8 M participando nunha xincana. Asistiron os niveis de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Fixeron moitas actividades a través das que reflexionar sobre o papel da muller... Contacontos, xogo de debuxar e descubrir profesións, xincana de tarefas do fogar, teléfono estropeado...

  

Grazas a DINAMO xestión de actividades socioculturais polo voso traballo.

CAMPO A TRAVÉS.

O venres día 6 de marzo tivo lugar unha xornada de Campo a Través no concello de Carballo na que participou unha representación do noso alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

Noraboa rapaces e rapazas!

 

8 M. 4º de Educación Infantil.

AS MULLERES DA NOSA VIDA SEMPRE PISAN FORTE

Así traballaron o 8 M nas aulas de 3 anos.

O alumnado colaborou na composición dunha exposición con zapatos das mulleres importantes da súa familia.

 

 

CONTACONTOS POLA IGUALDADE. CELTIA FIGUEIRAS.

O alumnado de Educación Infantil puido presenciar no centro o contacontos-títeres da obra "U-la Lúa?".

Desta volta foi a gran Celtia Figueiras a encargada de transmitir a todos os cativos e todas as cativas a importancia da liberdade na toma de decisións a través deste conto.

Encantounos!!!

Moitas grazas pola túa visita!!

ENTROIDO 2020

Este curso estamos traballando arreo e, entre outras cousas, tocounos profundizar no tema das emocións. Temos este tema como núcleo de traballo a nivel de centro e decidimos disfrazarnos con temas relacionados coas diferentes EMOCIÓNS...

No desfile puidemos ver o amor en tódalas súas vertentes, a sorpresa a través do circo, o medo representado por pantasmas, a tristeza que tan ben representan os mimos, a vergoña que tantas veces nos acompaña, a rabia que debemos canalizar e a empatía (tan necesaria!!!)...

Premede na AQUÍ para ver unha pequena montaxe con fotografías deste día!!

Agardamos que vos guste!!

Agradecemos inmensamente a presenza dos Viqueiras que sempre nos amenizan con tanta profesionalidade e bo facer!!

Pero sobre todo a colaboración de todas as familias na elaboración dos disfraces; sen elas non sería posible esta actividade!!

 

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA O MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Xa fai uns días que os cativos e cativas de 5 anos do noso colexio foron ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

Vivírono con moita ilusión e pasárono en grande!!

Dádelle ao PLAY para ver unhas imaxes da visita...

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

martes 10 de marzo ás 17:30 horas realizarase unha xornada de portas abertas dirixida ás familias que teñen previsto solicitar praza para as/os súas/seus fillas/os no noso centro no vindeiro curso 2020/2021.

 Un saúdo.

VISITA DO "IES MARUXA MALLO" E DO "IES DE ORDES"

O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de recibir a visita no centro dos responsables dos institutos da vila de Ordes.

Puideron coñecer mellor o que lles agarda para o vindeiro curso e así elixir (xa que estivo aberto o prazo de reserva ata o 17 de febreiro) o instituto no que queren cursar a ESO.

MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!

VÉMONOS PRONTO!!

 

VISITA Á CASA DOS PEIXES. 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Nos últimos días no centro estamos tendo unha actividade frenética.

Desta vez tocoulles aos nenos e ás nenas de 5º e 6º de Educación Infantil visitar o Aquarium Finisterrae da Coruña.

Non todos puideron ir ver as focas, porque o tempo non acompañou o primeiro día, pero todos e todas viron a Gastón, coñeceron máis acerca das medusas, dos cabaliños de mar, dos ourizos e de tantas e tantas especies mariñas...

 

E, como cada vez que imos... encantounos!!!

PARQUE DE BOMBEIROS DE A CORUÑA. 5 ANOS.

Os nenos e as nenas de 6º de Educación Infantil tiveron a sorte de poder visitar o Parque de Bombeiros de A Coruña.

Coñeceron todas as instalacións, a indumentaria, o centro de recepción de chamadas e ata puideron empregar unha mangueira de verdade.

Foi unha visita moi interesante e da que aprendemos moitas cousas novas!!


Grazas a todos os bombeiros que nos acompañaron na visita!!

E grazas pola gran labor que facedes por toda a poboación!!