A UNIÓN EUROPEA. TRABALLO DE 6ºA. (Curso 2019-2020)

Ola! Este trimestre foi duro para todos, pero aínda así en 6ºA seguimos traballando arreo. Querémosvos presentar o mapa interactivo que elaboramos durante o confinamento no que aprendemos un montón de cousas sobre os Estados da Unión Europea.

 

Nesta ligazón, podedes acceder ao mapa e aprender un montón de cousas da Unión Europea:

 

https://www.google.com/maps/d/embed?mid=1A3Afze3G_gq-ESEyv3VkhKyI5JtWQODb&ll=53.08977373336309%2C11.95557987632234&z=4

 

Esperamos que vos guste.

Os alumnos e alumnas de 6ºA.

 

Recomendamos o seu uso desde un ordenador.*

 

LETRAS GALEGAS 2020. VÍDEO ALUMNADO 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Mirade o gran traballo que están facendo os nenos e as nenas de 1º de Educación Primaria (e as súas familias) dende as súas casas.

ASÍ CONMEMORARON O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 (premede no enlace)

https://drive.google.com/open?id=1mzmHs-HZcLcvGbiC0-eHrhSmk2Njn5x_

Grazas pola vosa colaboración!!

 

RELATO DE "AS PITAS BAIXO A CHOIVA". POLA MESTRA NATALIA ÁLVAREZ...

A mestra de 3 anos A, Natalia, quere compartir con todos e todas vós o conto de "As pitas baixo a choiva". Agardamos que vos guste!

Premede aquí para escoitalo...

 

ENLACE AO BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEIP ADR CASTELAO DE ORDES

Para acceder ao Blog do noso Departamento de Orientación, preme no seguinte enlace:

https://blogorientacastelaoordes.blogspot.com/

Ou preme en "Blog de Orientación" na columna da dereita, no apartado de "Os nosos blogs".

 

Ás familias do alumnado de 6º de Educación Primaria tamén lles pode interesar visitar o Blog do Departamento de Orientación do IES Maruxa Mallo:

https://orientacionaunsoloclick.blogspot.com/search/label/6%C2%BA%20PRIMARIA

 

LETRAS GALEGAS 2020

 

PREME AQUÍ PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN

 

Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre.

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Hoxe, 28 de abril do 2020, vimos de recibir as instrucións por parte da Dirección Xeral, sobre como desenvolver o que resta do 3º trimestre.

Un saúdo. O Equipo Directivo.

 

OUTRA INFORMACIÓN ADICIONAL.

O alumnado que participa no Refórza-T durante este curso académico 2019-2020, recibirá titorización por parte da mestra Yisel Oanis González Sánchez.

O correo de contacto é: yiselg840@gmail.com

 

RESUMO DA SEGUNDA AVALIACIÓN. 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL A.

PREMEDE NA IMAXE de arriba para velo en vídeo ou na de abaixo para velo en power point.

 

 

VISITA DE DONATO...

O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de ver e escoitar a Donato... o mítico xogador do R. C. Deportivo da Coruña.

Veu promocionar o DEPORCAMPUS, un campamento de fútbol para a Semana Santa (do 6 ao 8 de abril) tanto para nenos como para nenas de 6 a 14 anos.

Descargar información.

 

8M...un recoñecemento ás mulleres traballadoras das nosas vidas...

Outra mostra máis do que traballamos arredor do día da muller...

Premede no cartel...

 

CONTACONTOS. PEDRO BRANDARIZ.

O alumnado do 3º e 4º de Educación Primaria asistiu ao contacontos das obras "¿Hai algo más aburrido que ser una princesa rosa?" e "Cuando las princesas vuelan alto".

O encargado de contárnolos foi Pedro Brandariz... toda unha honra!!!

Grazas a el vimos o papel da muller dende un punto de vista diferente ao que vén sendo tradicional...

Encantounos!!