AVISO COMEDOR ESCOLAR DÍA 20 DE DECEMBRO

O venres, día 20 de decembro NON HABERÁ COMEDOR ESCOLAR.

Todo o alumnado sairá do centro ás 14:00 horas, incluído o que emprega o transporte escolar.

As clases rematarán ese día e volveremos ao colexio o mércores 8 de xaneiro.

Un saúdo e... Boas Festas!!

 

O EQUIPO DIRECTIVO.

 

CAMPO A TRAVÉS

 

O MARTES 3 DE DECEMBRO FOI UNHA REPRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA Á XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS NA MAGADALENA (CASTROFEITO), NO CONCELLO DO PINO.

   

 

NORABOA RAPACES E RAPAZAS!! MOI BO TRABALLO!!

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para conmemorar o Día Internacional das persoas con Discapacidade, cada grupo-clase elixiu unha persoa coñecida con unha discapacidade. Traballamos e coñecemos moito mellor a esas persoas, a que se adicaron (ou adican), como foi/é a súa vida... E plasmámolo en murais que colocamos nos corredores do centro.

Algunhas destas clases visitaron a Biblioteca de Botalerias e alí, explicáronlles a outros compañeiros e compañeiras todo o que sabían da persoa sobre a que traballaran.

Así mesmo, todas as titorías tiveron á súa disposición unha selección de libros relacionados coa temática no estante de novidades da Biblioteca do centro.

 

 

 

PANTALLAS AMIGAS...

No colexio tivemos a oportunidade de desfrutar das charlas de "Pantallas amigas", que trataban acerca dun uso responsable e saludable de internet, redes sociais, móviles e videoxogos para conseguir unha cidadanía dixital responsable. Foron dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, sendo realmente interesantes e necesarias.

 

25 N

No noso centro traballamos de xeito especial a temática relacionada coa prevención da Violencia de Xénero.

Foron moitas as actividades desenvoltas: murais; exposicións; traballo, estudo e interpretación do tema "Solo quiero bailar" (composta e interpretada polo alumnado do IES Maestro Juan de Ávila de Ciudad Real); etc.

QUERÉMONOS VIVAS, QUERÉMONOS LIBRES!

 

 

 

SAMAÍN...

PREMEDE NA IMAXE PARA VER COMO NOS DISFRAZAMOS...

FOI DE TERROR...

 

PROJECT: MY ROBOT

The students of 4 grade habe been working on physical descriptions.

In this project, they had to create their own robots usin recycled materials and afterwards they had to make a presentation of them.

  

Great job.

 

BOTALERIAS VISITA AOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL...

Os máis pequenos e pequenas do cole recibiron a visita de Botalerias nas súas aulas para recoller os números de lector de cada un d@s cativ@s... Quedaron moi impresionad@s coa súa visita e están desexando comezar co empréstito...

 

 GRAZAS POR VISITARNOS!!

 

PROXECTO CORALS...

O noso centro foi un dos selecionados para participar no Programa Corals (Childhood Obesity Risk Assessment Longitudinal Study), no que se busca investigar acerca da "Prevención do sobrepeso e obesidade en nenos e adolescentes".

Participará unha mostra do alumnado de entre 3 e 6 anos de idade e está totalmente supervisado por sanitarios e outr@s especialistas que veñen ao centro.

MAGOSTO

Chegou o outono, chegou o frío... e as tan agardadas castañas!!

 

O día 30 celebramos no colexio o Magosto coa visita de Bieito, o castañeiro da vila de Ordes!

Foi todo un éxito... que boas estaban!!