MENÚ COMEDOR ESCOLAR. XUÑO 2022

PREMEDE NA IMAXE PARA VELO

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023. (PARA EDUCACIÓN PRIMARIA)

Publicada no DOG do 18 de maio do 2022 (DOG núm. 95)

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B)

O prazo para presentar a documentación remata o 22 de xuño do 2022.

Documentación necesaria (Artigo 11 da orde do 29 de abril).

Podedes descargar aquí o Anexo I e II.

Lembramos que se pode presentar telemáticamente na Sede Electrónica ou presencialmente no centro de 09:30 a 11:00 e de 12:40 a 13:30. (Non será necesario pedir cita previa).

Para calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono do centro de 9:00 a 14:00 horas.   881880881

Atentamente, Equipo Directivo.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (2 DE MAIO)

Para conmemorar o Día Internacional contra o Acoso Escolar enchemos as portas das aulas do noso colexio duns sinais moi especiais. Podedes ver como quedaron na seguinte montaxe.

PREMEDE NA IMAXE PARA VELO.

COLABORADORES/AS DO COMEDOR ESCOLAR NO VINDEIRO CURSO 2022-2023

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores/as nas tarefas de atención e apoio ó alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022- 2023. Poderán solicitar a praza de colaborador/a, aquelas persoas que sexan familiares do alumnado comensal.

SOLICITUDE DE COMEDOR E/OU TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

Do 9 ao 27 de maio do 2022 está aberto o prazo para a solicitude de comedor e/ou transporte escolar para o vindeiro curso 2022/2023.

O alumnado novo do centro (nenos/as de tres anos) poderán solicitalo do 20 ao 30 de xuño, coa formalización da matrícula.

Podedes descargar a solicitude premendo AQUÍ.

MENÚ COMEDOR ESCOLAR. MAIO 2022

PREMEDE NA IMAXE PARA VELO

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

Dende o Equipo Directivo, informamos de que todo o alumnado que solicitou praza en 4º de Educación Infantil para o curso 2022- 2023, foi admitido.

O prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

A documentación a presentar é o anexo III que podedes descargar AQUÍ, dúas fotos carné e unha fotocopia da tarxeta sanitaria.

MENÚ COMEDOR ESCOLAR. ABRIL 2022

AVISO COMEDOR ESCOLAR

DEBIDO Á SITUACIÓN ACTUAL DE FOLGA DE TRANSPORTE, O MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR PODERÁ VERSE SOMETIDO A MODIFICACIÓNS.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O alumnado de 5ºB e 5ºC fixo a súa especial conmemoración polo Día Internacional da Muller. Mostra diso podédela ver na seguinte montaxe.

PREMEDE NA IMAXE PARA VELA