INFORMACIÓN DE CASOS POSITIVOS DE COVID ENTRE O ALUMNADO DO CENTRO. INFORMACIÓN A DÍA 15-10-2020

Tivemos ata este momento varios casos de contaxio no alumnado, escolarizado no noso centro, por Covid-19, e queremos aclarar:

- Cando Sanidade detecta un caso positivo (normalmente a través da consulta no Centro de Saúde ou do médico de familia que pide facer unha PCR), pasa a información aos "operadores" da xefatura territorial de Sanidade.

- A Xefatura Territorial de Sanidade abre un expediente co caso e compárteo co colexio a través da aplicación "Educovid" da Xunta.

- O Equipo Covid do colexio recibe unha notificación SMS na que se informa da alta do dito expediente.

- O Equipo Covid do colexio accede ao expediente para introducir e seleccionar os contactos máis estreitos do alumnado afectado. Na aplicación indícase claramente que "NON SE NOTIFIQUE ningún posible contacto ata recibir instrucións da autoridade sanitaria sobre os casos concretos a seleccionar". Na indicación de contactos estreitos, ademais da aula, o tempo e o espazo do patio escolar, terase en conta os que se puidesen xerar nas rutas de bus ou no comedor. Unha vez feito, notifícase a Sanidade a través da propia aplicación.

- É a administración sanitaria quen chama ás familias implicadas e decide as medidas que se deben tomar, tanto no que se refire aos membros do colexio afectados (alumnos, profesores...) como ao mesmo colexio (corentenas, peche dunha aula...).

- En ningún caso o Equipo Covid do colexio pode avisar ás familias antes de que o dito expediente estea aberto e comunicado. O colexio non pode abrir pola súa conta ningún expediente. Pode darse o caso de que teñamos coñecemento antes pola familia que pola aplicación covid, pero non por iso podemos poñer en marcha ningunha acción ata que se nos indica polo protocolo explicado nas liñas anteriores.

 

Moitas grazas. O Equipo Directivo.