Skip to Content

Educación Primaria

Día da muller

Ve de celebrarse o día da muller , e para conmemorar esta data, dende o centro relaizaronse multiples actividades. Entre elas a elaboración conxunta dunhas ás xigantes, cuxo simbolo é incentivar ao noso alumnado tanto nenas coma nenos en dar voz e visibilidade a todas as mulleres de cara a unha convivencia en completa igualdade.

Nesta galería podedes ver o proceso de elaboración das ás, así como as demáis actividades levadas a cabo dende as diferentes áreas (curtametraxes, xogos, arte...)

Álbum: Celebracións -> 8 de marzo

Días de entroido

O entroido este ano estivo cheo de sorpresas! O proxecto da biblioteca deste ano coma xa sabedes está adicado as mulleres, e cada curso tivo que investigar sobre a vida dunha muller con traxectoria reseñable, para darlla a coñecer aos seus compañeiros e compañeiras.

Aproveitando todo o traballo elaborado dende as diferentes áreas curriculares, cada clase escolleu un disfraz relacionado con dito traballo, así:

Educación Infantil disfrazouse de ratiños na honra a un dos poemas da autora traballada Gloria Fuertes

1º e 2º de Educación Primaria disfrazouse en base a cultura de Malala

3º de Educación Primaria disfrazouse da Selección Española Feminina de fútbol na honra da pioneira Verónica Boquete

4º de Educación Primaria disfrazouse das personaxes da famosa obra de Harry Potter na honra da súa autora Joanne Kathleen Rowling

5º de Educación Primaria disfrazouse en base a cultura de Frida Khalo

6º de Educación Primaria disfrazouse da  pioneira en aviación Amelia Earhart

Tras traballar arreo na elaboración dos nosos disfraces chegou a semana do entroido ao cole. O meco comezou coas súas ordes, recibimos a visita sorpresa das pantallas e o máis esperado sacamos a desfilar o noso traballo: disfraces e murais.

Nos aprendimos moito, e vós?  quedouvos claro a importancia das mulleres sobre as que investigamos?

Aqui tendes a galería coas imaxes dos mellores momentos de tanto esforzo! BO ENTROIDO!

 

 

Álbum: Celebracións -> Entroido 2022

"A voar!" visita o noso cole

Hoxe tivemos a sorte de disfrutar doutra das actividades que ofrece Afundación aos centros escolares. Ao son enerxético de Cé Orquestra Pantasma, os nenos e nenas do cole desfrutaron do espectáculo musical: "A Voar!" que conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que fará mudar a súa vida, amosándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos quen de mellorar.

A Voar! pretende axudar os nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, nenos e nenas… a voar!

Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Afundación trae ao cole "A voar"

Aula STEAMM con M de Música.

Aula STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) é unha estratexia educativa que desperta o interese do alumnado pola ciencia, a tecnoloxía e o arte. A través deste sistema pedagóxico, que inclúe conceptos de programación e robótica, aprenderán a resolver problemas mediante a creatividade e a innovación.

Neste curso escolar 2021-22 AFundación achega aos centros educativos unha nova serie de talleres STEAM en clave SOSTENIBLE. Ao noso centro chegou esta mañá a Aula Steam itinerante: STEAMM con doble M de Música:

INFANTIL gozou dun taller de robótica básica «O instrumento mudo que se fixo un nó.

3º PRIMARIA A 6° PRIMARIA gozou dun taller de programación, robótica, e música «DJ Makey Makey»

Aquí podedes ver algunhas instantáneas dos talleres.

Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Aula Steam

Rematamos o mes con: "Frankestein, treme o misterio..."

O alumnado do centro puido gozar onte dunha experiencia teatral, realizada en streaming para todas as aulas de infantil e primaria, para máis información sobre a obra facede clic aquí. A actividade levouse a cabo nas primeiras horas da mañá, aquí vos deixamos algunhas instantáneas:

Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Frankestein, treme o misterio...
Distribuir contido


by Dr. Radut