Skip to Content

Actividade interdisciplinar a través do proxecto "Alimentos da biosfera"

 

Este proxecto ten como obxectivo o impulso das marcas propias e a marca Nacional nas Reservas da Biosfera españolas para producións alimentarias e servizos turísticos, como estratexia para a mellora da calidade destas producións, para que contribúan á mitigación do cambio climático mediante o fomento do consumo en circuítos curtos locais.

Dentro do proxecto promoveranse actuacións dirixidas a mellorar a calidade das producións, e actuacións dirixidas a mellorar a visibilidade destes produtos, así como unha última fase de organización do consumo de produtos locais ecolóxicos en comedores escolares.

GDR Limia-Arnoia vai desenvolver este proxecto en colaboración co CEIP Plurlingüe Carlos Cid Arregui, de Rairiz de Veiga, ao longo do ano 2022.

Dentro deste proxecto os nenos e nenas de Educación Infantil ata 4º de Educación Primaria, foron participes dunha actividade interdisciplinar para celebrar o Día da Terra e o Día do Libro a visita dun contacontos que lles deu a coñecer a fauna e flora da zona, neste album podedes ver algunhas das imaxes recollidas durante a actividade.

 

 

Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Proxecto "Alimentos da biosfera"

Easter

Este ano dende o Proxecto Plurilingüe de centro en colaboración co PVAD "A Saínza en movemento", diseñouse o denominado EASTER DAY. Co gaio de crear un ambiente co inglés como lingua vehicular e centrando as actividades deste día na área principal do Proxecto (arts and crafts), o alumnado de sexto traballou arreo para axudar ao diseño dun día que se organizou do seguinte xeito:

✓ PAINTING EGGS :  taller dirixido por alumnado de sexto e adicado a diseñar e pintar ovos de Pascua.

✓ EASTER BUNNY:  taller diseñado por alumnado de sexto e adicado a crear unha manualidade sobre o coello de Pascua.

✓ EASTER GAMES: actividade supervisada por alumnado de sexto na que se realizaron diferentes xogos para repasar vocabulario como: puzzles, domino, memory cards, 3 in a row...

✓EASTER HUNT: actividade que contou coa colaboración do PVAD na que o alumnado debe seguir as pistas que lle dan os seus teachers para atopar todos os ovos de Pascua escondidos polo centro.

Aquí vos deixamos a galería de imaxes onde podedes ver o ben que o pasamos durante este día.

Álbum: Celebracións -> Easter 2022

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebrouse "O día mundial da Poesía" e no noso colexio contribuimos a elaboración dun mural conxunto de centro.

Dende o equipo de biblioteca propuxemos días atrás, a elaboración dunha poesía para os alumnos de 6º, 5º e 4º de primaria, para 3º e 2º a elaboración de pareados ou estrofas con rima e para 1º e infantil palabras ou imaxenes con rima.

Así nas aulas os titores dinamizaron e traballaron cos alumnos para aportar o seu gran de area para montar o mural "PINGAS CON RIMA", que ao principio só tiña nubes e un paraugas e finalmente quedou así de fermoso cheo de pingas con poesías. Sorriso

 

 

Talleres na semana do día da muller.

Durante estas semanas tivemos a sorte de contar con varios talleres sobre o 8M:

  • Taller sobre micromachismos levado a cabo pola Cruz Vermella de Xinzo para as nenas e nenos de 3º e 4º de Educación Primaria.
  • Taller sobre a muller liderado polo centro de Desenvolvemento Rural O VISO para as nenas e nenos de 3º a 6º de Educación Primaria.

Como non tivemos a sorte de atopar nada para os máis pequenos, dende o centro propuxose a elaboración dun  taller de contacontos levada a cabo polos cursos superiores aos máis pequenos, deste xeito:

  • O alumnado de 6º preparou durante a semana o conto "Rosa Caramelo" para o alumnado de Educación Infantil.
  • O alumnado de 5º preparou durante a semana o conto "A princesa espadachina" para o alumnado de 3º de Educación Primaria.
  • O alumnado de 4º preparou durante a semana o conto "Maruxa" para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. 
Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Talleres 8 de Marzo de 2022

Día da muller

Ve de celebrarse o día da muller , e para conmemorar esta data, dende o centro relaizaronse multiples actividades. Entre elas a elaboración conxunta dunhas ás xigantes, cuxo simbolo é incentivar ao noso alumnado tanto nenas coma nenos en dar voz e visibilidade a todas as mulleres de cara a unha convivencia en completa igualdade.

Nesta galería podedes ver o proceso de elaboración das ás, así como as demáis actividades levadas a cabo dende as diferentes áreas (curtametraxes, xogos, arte...)

Álbum: Celebracións -> 8 de marzo
Distribuir contido


by Dr. Radut