Skip to Content

Animación á lectura, Recomendámosche, PDI, Rus entre planetas, DinosauRus

Museo DinosauRus: Unha viaxe ao pasado.

Onte presentamos no colexio para as familias,  o Museo DinosauRus, coa exposición: Unha viaxe ao pasado. Este traballo foi  o produto final do PDI (Proxecto Documental Integrado) DinosauRus, coordinado dende a Biblioteca Escolar "Leoteca" e que contou coa participación de todo o alumnado do centro e coa colaboración da comunidade educativa. Dende o centro gustaríanos agradecer a asistencia e o interese por parte das familias ante este evento que os nenos/as prepararon con moitísima ilusión ao longo dos últimos meses.

Venres 13 de maio , celebración do día das Letras Galegas no colexio!

O venres 13 de maio celebráronse no centro diferentes actos  para festexar o día das Letras Galegas  e facer o noso pequeno homenaxe  ao autor  Manuel María.

Se picades na seguinte fotografía, accederedes ao blogue da biblioteca escolar

" Leoteca en Rus" e podedes ver as actividades levadas a cabo.

Entroido 2016

Gustaríanos agradecer un ano mais ás familias do CEIP Canosa-Rus a súa participación no Entroido 2016 que tivo lugar no centro o pasado venres 5 de febreiro. Os produtos típicos que degustamos estanan boísimos e as nenas e nenos o disfrutaron moito. Agradecer aos alumnos e alumnas de 6º de EP a súa actuación de Acrosport inspirada nos dinosauros. O bo tempo acompañounos durante toda a xorndana e puidemos saír ao pasarrúas.

ARTE CON ROBERTA VENANZI

Os pasados días 26 e 27 de xaneiro,as nenas e nenos do CEIP Canosa Rus foron un pouquiño máis artistas se se pode.

FESTIVAL DE NADAL " DINSONS"

As clases retomaranse o xoves 7 de xaneiro .

BO NADAL E FELIZ ANI NOVO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DE PARTE  DO EQUIPO DE MESTR@S DO CEIP CANOSA-RUS !

Premio para o PDI "Rus entre planetas"

"Cando realmente queres unha cousa, todo o Universo conspira para axudarche a conseguila"
P. Coelho 
  
A comunidade educativa do CEIP Canosa-Rus está de noraboa, xa que o pasado xoves publicouse a resolución do II concurso de traballo por proxectos, promovido desde a Biblioteca Escolar, no que resultou galardoado, dentro da temática científica, o PDI "Rus entre planetas", no que investigamos e aprendemos máis sobre o Sistema Solar.

Procura documental

Procura en internet

Visita ao colexio do Mago Paco.

O mércores 18 de novembro temos a visita ao colexio do Mago Paco con dous espectáculos diferentes. 

A terceira hora disfrutarán con este espectáculo os nen@s de Educación Infantil , 1º e 2º de Educación Primaria e a 4º hora serán os rapac@s de 3º a 6º de Educación Primaria os que se sorpendan con este Mago. 

Final XV Concurso Escolar do Teatro Lido de Carballo

O Concello de Carballo e a Asociació Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro , comprácese a convidarnos á Gala da Final XV Cocurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís" que terá lugar este domingo 8 de novembro ás 18:00horas no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.

Procura documental

Infografía que te guiará no proceso de procura de información durante o proceso de investigación.

Cartel "DinosauRus"

Cartel de "DinosauRus" que vos axudará a atopar información sobre o proxecto, para realizar a procura documental durante o desenvolvemento do período de investigación.

 

En Francia tamén houbo dinosauros

DinosauRus no comedor

O comedor tamén participa da investigación promovida desde a biblioteca e o seu PDI "DinosauRus" co que aprenderemos sobre os dinosauros e o seu entorno. Os paleontólogos serán o seu centro de atención.

 

Rus entre planetas

Rematado o PDI Rus entre planetas podedes visitar a páxina do proxecto, onde se recolle os aspectos máis relevantes no seu desenvolvemento.

Se picades no enlace visitaredes o espazo web de RUS ENTRE PLANETAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut