Skip to Content

Museo DinosauRus: Unha viaxe ao pasado.

Onte presentamos no colexio para as familias,  o Museo DinosauRus, coa exposición: Unha viaxe ao pasado. Este traballo foi  o produto final do PDI (Proxecto Documental Integrado) DinosauRus, coordinado dende a Biblioteca Escolar "Leoteca" e que contou coa participación de todo o alumnado do centro e coa colaboración da comunidade educativa. Dende o centro gustaríanos agradecer a asistencia e o interese por parte das familias ante este evento que os nenos/as prepararon con moitísima ilusión ao longo dos últimos meses. Para máis información, picade na seguinte imaxe e teredes acceso ao blogue de "Leoteca en Rus"

 

Tamén tedes a continuación a nova que saiu hoxe na Voz de Galicia e as fotografías que aparecen na edición dixital. Picade nas letras para acceder.

La Voz de GaliciaMuseo DinousauRus: un proyecto a lo grande

 



page | by Dr. Radut