Queremos agradecer a implicación e empeño no traballo das diferentes fases tanto do alumnado como das súas familias, así como ao claustro que promoveu e dinamizou o desenvolvemento do proxecto. Sen a participación dalgún deles este éxito non sería posible.
Tamén queremos agradecer e recoñecer o labor de promoción, asesoramento e difusión das diferentes actividades que se están a realizar nas bibliotecas dos centros educativos galegos, que se está levando a cabo desde Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Este premio merece unha celebración, polo que xa estamos pensando como realizala. En próximas datas informarémosvos das actividades que programaremos.
Na páxina web do PDI podedes lembrar como discorreu este proxecto de investigación sobre o Sistema Solar.