Skip to Content

Escolares

Gañador@s do III Premio Concepción Arenal de igualdade de xénero

A Deputación da Coruña acaba de facer público o fallo dos terceiros premios Concepción Arenal de proxectos educativos para a igualdade de xénero e o noso centro foi o gañador na modalidade de educación primaria.

Artes escénicas para escolares no Concello de Coristanco

Dende o Concello de Coristanco organizaron un mes de artes escénicas para escolares, novembro, no que o nono centro  participará moi gustosamente . Os nosos/as rapaces/as disfrutarán de diferentes obras de teatro na Casa da Cultura do Concello. Este ano os autobuses son postos polo Concello, polo que estas saídas serán totalmente gratuítas. As datas son as seguintes:

Mércores 2 de novembro: 5º e 6º de Educación Infantil, coa obra " O día que chegou unha nube e choveu", ás 10:00h.

Final XV Concurso Escolar do Teatro Lido de Carballo

O Concello de Carballo e a Asociació Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro , comprácese a convidarnos á Gala da Final XV Cocurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís" que terá lugar este domingo 8 de novembro ás 18:00horas no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.

Representación no Concello de Coristanco

Mañá martes 27 de outubro os nenos/as de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria asistirán a unha representación a cargo do grupo Pesdelán que está baseada no libro "Na punta do pé", que podedes tomar emprestado na Biblioteca do centro.

No seguinte vídeo, elaborado por Merlo Branco producións, explican en que consiste o proxecto Pesdelán.

Roberta Venanzi e os nenos/as dan cor ao colexio

A artista Roberta Venanzi realizou cos nenos/as de 3º e 4º de E.P. dúas obras de arte que estarán expostas no corredor destas dúas aulas.

OBRADOIRO DE ARTE ABSTRACTO CON ROBERTA VENANZI

Mañá xoves 17 e o venres 18 de outubro os nenos/as de 3º e 4º de educación primaria, de 9:30 a 12:30 h,  disfrutarán dunha experiencia nova a  través dun taller de Arte Abstracto levado a cabo pol

Premios Olloboi

Esta semana recibimos a comunicación de que a curtametraxe animada realizada o curso pasado polos nenos/as de 1º ciclo de E.P., xunto coas súas mestras, "Non quero ser un polbo", foi seleccionada como finalista dunha das 10 categorías do Olloboi 2015 (podedes consultar todos os candidatos na páxina olloboi.com)

Aprendemos sobre astronomía

O próximo mércores 14 de xaneiro visitará o noso centro o astrónomo Pedro Pablo Campo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta visita falará cos nenos e nenas sobre os diferentes aspectos das astronomía e sobre os labores dos astrónomos/as.

FELICES FESTAS!!!

Desde o CEIP Canosa-Rus queremos desexarvos unhas felices festas e un bo comezo de ano. Presentámosvos o vídeo elaborado por Miguel, o mestre de Educación artística e titor de 3º, titulado "Un día no Canosa-Rus".

 

FESTA DO ENTROIDO NO COLE!

 

Estimadas familias:

Certame artístico-literario das Letras Galegas

Ola!

Outro ano máis participamos no Certame artístico-literario das Letras Galegas do Concello de Coristanco. O pasado xoves 6 de xuño celebrouse a entraga de premios no Edificio de Usos Múltiples de Coristanco. "La Voz de Galicia" publicou unha noticia o venres 7 de xuño sobre esta entraga.Moitas grazas a todos e todas os  alumnos/as por participar.

Aprendendo a constitución

Desde o EDNLG preséntannos un vídeo sobre a constitución, Aprendendo o que significa a constitución.

 

Día contra a violencia de xénero

O 25 de novembro conmemórase o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, un problema que está moi presente na nosa sociedade, por isto desde o EDNLG cremos que este día non se debe pasar por alto nas nosas aulas, así recomendamos estes libros:

Cantas pingas!!!

Proxecto Documental Integrado sobre a auga que se desenvolvera ao longo dos trimestres a través de numerosas actividades, tanto colectivas coma individuais, aspectos relacionados con este elemento natural tan valioso, a auga. Deixámosvos este poster interactivo para que investiguedes máis sobre a auga e as enerxías renovables.

Teatro Lido

Noraboa a todos os nenos/as que participaron na presente edición, que xa chega á XII,  do Concurso Escolar Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"; neste curso participaron os cursos de 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, pasando á final da súa categoría os alumnos/as de 2º, "Somos Nós" interpretando a obra "O león enfermo", que se celebrará o vindeiro domingo 28 de outubro en Carballo a partires das 18h.

Distribuir contido


by Dr. Radut