Skip to Content

Gañador@s do III Premio Concepción Arenal de igualdade de xénero

A Deputación da Coruña acaba de facer público o fallo dos terceiros premios Concepción Arenal de proxectos educativos para a igualdade de xénero e o noso centro foi o gañador na modalidade de educación primaria.

Este proxecto e a continuación do proxecto do curso pasado "Sementando Igualdade no Rural" para educación infantil que tamén foi premiado. O proxecto actual leva por título " Cambiando a perspectiva no rural" e o tedes a vosa disposición na dirección do centro por si desexades lelo. Nesta aventura participa case a totalidade do profesorado e alumnado a través de diferentes actividades que están relacionadas con todo o que estamos a facer no centro e  que teñen como obxectivos entre outros, os seguintes:

- Identificar e desmontar os esteriotipos sexistas e os micromachismos que se dan na sociedade en xeral.

- Fomentar a igualdade entre as nenas e nenos as diferentes tarefas da vida do centro e da súa contorna.

- Constituir unha identidade individual , non sexista e non violenta.

- Traballar a empatía e a resilencia como prevención ante futuras actuacións .

- Promover os valores de respecto e igualdade de dereitos e oportunidades para mulleres e homes.

- Proporcionar alternativas de xogos para nenos e nenas que fomenten a igualdade.

O xurado valorou o noso proxecto pola súa orixinalidade e a "interesante relación entre os distintos niveis , a claridade das accións e dos obxectivos, a implicación das actividades na contorna e a variedade de participantes do centro". Destacan ademáis a relación das actividades coas competencias curriculares.

O premio son 5.000 euros para o centro,polo que estamos moi orgullos@s de poder seguir mellorando o noso colexio a prol do noso alumnado e da nosa comunidade educativa. Co diñeiro do premio do curso pasado puidemos acondicionar dúas aulas ( unha de infantil e outra de música) e adquirir diferentes materiais para traballar esta temática.

Moitas grazas á Diputación da Coruña por valorar o noso traballo tan positivamente durante dous cursos consecutivos e noraboa aos outros centros tanto gañadores como participantes. 

Grazas tamén ao noso alumnado porque son o motor  que nos move a intentar mellorar cada día.

Podedes ver a nova no xornal se picades na seguinte imaxe.

 

Logo Que pasa na Costa


.

 



page | by Dr. Radut