Skip to Content

FESTA DO ENTROIDO NO COLE!

 

Estimadas familias:

Este ano a temática elexida para festexar o entroido no cole é "Seres dos bosques , reais e ficticios".  Por este motivo os nenos de EI irán de fadas e trasnos; os de 1º e 2º (1º ciclo de EP) , de sapos, rás, bolboretas e abellas; os de 3º e 4º (2º ciclo de EP) de bruxas, bruxos , feiticeiros e feiticeiras e os de 5º e 6º ( 3º ciclo de EP) de lobisomes e guerreiras.

Para comezar ,o próximo xoves, no comedor, temos un menú moi especial: o cocido típico do entroido adaptado ao noso cole. Ademáis repartiremos os premio de fin de mes para os nenos e nenas que mellor se portan no comedor.O resto do xoves haberá clase normal.

FESTA DO ENTROIDO: O vindeiro venres 28 , celebrarase  a festa no colexio.  Este día a xornada será reducida, de 9:30 a 12:30. Os buses farán o seu servizo de xeito normal, tanto a entrada como a saída. Non haberá servizo de Comedor Escolar este día.

A orde do día é a seguinte:

9:30- Subida ás aulas. Xa virán disfrazados/as da casa, agás o alumnado de Educación Infantil, xa que teñen os disfraces no colexio.

9:55-Baixada ao ximnasio.

10:00- Actuacións.

10:50- Pasarrúas por fóra do colexio.

11:30- Degustación de produtos típicos do entroido e chocolatada.

12:30- Saída.

O ano pasado a degustación, na que colaboraron as familias, foi un éxito, polo que un ano máis solicitamos a vosa colaboración na elaboración dos produtos típicos de entroido.

Podedes traelos ata ás 11:15h dese día, e deixaranse nas mesas do comedor.

As familias estades convidadas a participar nesta xornada de convivencia a partir das 10:50h da mañá, cando os nenos/as saian ao pasarrúas.

AVISO IMPORTANTE: Para unha boa organización á hora da saída, se algún pai ou nai quere levar ao seu fillo/a, e non van nos autobuses, deberán avisar tanto ás acompañantes dos autobuses, coma no centro aos seus titos/a ou a alguén do Equipo Directivo.

Lembramos que a incorporación ao centro será o xoves 6 de marzo de 2014.

MOI BO ENTROIDO A TODOS E TODAS DE PARTE DE TODO O PROFESORADO!

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut