Skip to Content

Articles

Listaxe provisional das axudas FONDOLIBROS para o curso 2021-2022

Publicada a listaxe provisional das axudas FONDOLIBROS para o curso 2021-2022. A listaxe pódese consultar dende o luns, 12 de xullo no taboleiro interior do colexio. O prazo para reclamacións é de dous días a partires da publicación, co cal os días habilitados para facelo serán o luns 12 e o martes 13 de xullo. Unha vez rematado o prazo e resoltas as incidencias procederemos a publicar a listaxe definitiva.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

A continuación xuntamos a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso. Nos próximos días sairán publicadas as listas provisionais e definitivas das axudas do fondo solidario de libros de 3º a 6º de EP, dos vales para os libros de 1º e 2º de EP e os vales de material de 1º a 6º de EP. Enviaremos un abalar para avisarvos cando estean publicadas as listaxes  no corcho da consexería. Un saúdo. O equipo directivo. 

SOLICITUDES DE COMEDOR E DE COLABORACIÓN PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Onte publiouse a Instrución 2/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria, do 1 de xuño , sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021-2022.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2021

O alumnado admitido no CEIP Canosa- Rus deberá formalizar a matrícula dende o 20 ata o 30 de xuño.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR NA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

    • Anexo III. Formalización de matrícula.

    • Certificado do padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.

    • Informe médico do neno/a.

    • Fotocopia da tarxeta sanitaria.

    • Dúas fotos tamaño carné.

ANTES DESA DATA SEREDES CHAMADOS PARA CONCERTAR UNHA CITA.

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

Todo o alumnado, tanto de infantil como de primaria,  que presentaron solictude de admisión para o vindeiro curso 2021-2022 están ADMITIDOS/AS nas listaxes DEFINITIVAS. As listaxes están colgadas na conserxería do centro a vosa disposición. Para calquera dúbida podedes chamar ao teléfono do centro e atenderásevos telefonicamente.

A Xunta abre o III macrocuestionario sobre convivencia nas aulas, que se poderá cubrir desde mañá ata o 29 de abril

A Xunta de Galicia lanza hoxe o III macrocuestionario sobre convivencia nas aulas, dirixido a o conxunto da comunidade escolar galega,

ACTIVIDADES DO CONCELLO DE CORISTANCO E A ASOCIACIÓN VIEIRO PARA OS PAIS E NAIS.

Estimadas familias:

Dende o Concello de Coristanco enviáronnos esta información para pais e nais moi interesante:

ACTIVIDADES DO CONCELLO DE CORISTANCO PARA O NOSO ALUMNADO

Estimadas familias:

PRÓRROGA DA VIXENCIA DOS LIBROS DE TEXTO

Á finalización deste curso académico estaba previsto que se producise o cambio nos libros de texto de 4º e 6º de Educación Primaria para o vindeiro curso.

Debido á aprobación da LOMLOE e o posterior desenvolvemento curricular desta (pendente de elaboración), a Xunta de Galicia comunica que este ano prorrogará a vixencia dos libros de texto destes cursos

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Informámoslles que do 1 ao 22 de marzo do 2021 pode presentarse no centro a solicitude de admisión e a documentación precisa para os alumnos/as que se i

AXUDAS DE ESTUDOS PARA 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL. CONCELLO DE CARBALLO.

Dende o Concello de Carballo veñen de comunicarnos a “Convocatoria de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil”.

FROITA DE TEMPADA NOS RECREOS: DO LUNS 18 ATA O VENRES 29 DE XANEIRO

Un ano máis o noso centro participa no programa FOGGA ( Fondo Galego de Garantía Agraria) de axuda para o subministro de froitas frescas ao alumnado de centros escolares. Participamos neste proxecto con provedores locais.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Estimadas familias:

O procedemento de admisión de alumnado vese modificado este ano nas datas de reserva de praza para o IES Parga Pondal, centro ao que estamos adscritos.

O prazo de presentar as solicitudes abrenguerá dende o día 11 de xaneiro ata o día 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

HORARIO DO CEIP CANOSA-RUS A PARTIR DE 8 XANEIRO DO 2021

 Estimadas familias:

 Durante o primeiro trimestre, trala aprobación tanto polo Claustro de Mestres como polos membros do Consello Escolar, solicitouse á Xefatura Territorial unha modificación de horario excepcional mentres dure a situación da pandemia que estamos a vivir,  para mellorar a seguridade do alumnado no centro educativo.

FESTIVAL DE NADAL E MÁIS SORPRESAS !

O trimestre chega ao seu fin. Un trimestre cheo de novidades, de adaptacións as novas normas e de cambios. Tanto os mestres e mestras como Leoteca estamos moi orgullosos/as do voso traballo. Este ano non puidemos ir a ningún sitio a facer o noso tan querido Festival de Nadal.



by Dr. Radut