Bravxs: ilustracións e actividades de mulleres científicas, investigadoras e inventoras

  A través destas caretas ilustradas por Marta Riera, exprofesora da Facultade de Belas Artes, a Universidade de Vigo pretende darlles visibilidade a mulleres científicas, investigadoras e inventoras con traxectorias vitais paradigmáticas nas que se observan trazas de inxustiza e discriminación no ámbito da ciencia (o chamado «efecto Matilda»), pese á importancia e á relevancia das súas achegas e descubrimentos.

Lynn Petra Alexander, primeira doutora honoris causa da Universidade de Vigo; Ángela Ruiz Robles, profesora ferrolá e deseñadora do primeiro prototipo de libro electrónico; Ada Lovelace, inventora da linguaxe de programación; Jane Goodall, primatóloga que revolucionou esta disciplina grazas ás súas observacións e análises; Hedy Lamarr, inventora da wifi; Jocelyn Bell, descubridora dos pulsares ou Rosalind Franklin, clave no descubrimento do ADN, son algunhas destas destacadas e fantásticas mulleres científicas e investigadoras. Dentro poderás ver a biografía de cada unha delas premendo na imaxe. Velas na Galería de Imaxes -   Ver en PDF.    Actividades H5P:   BRAVXS (29)  - Artigo relacionado: Brincaletras Científicas ILigazón relacionada  "Ciencia en galego"

AnexoTamaño
Bravas-I.pdf45.28 MB

Powered by Drupal - Design by artinet