ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA SECTOR FAMILIAS

De acordo coa RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 18-09-2024), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

 

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar.

 

2. Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no centro e incluídos no censo correspondente que entre o 28 de outubro e 8 de novembro estará na secretaría do centro a disposición de todos os que o queiran comprobar. As reclamacións ao referido censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 8 de novembro.

 

3. Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas entre o 5 e o 11 de novembro ás 14:00 horas.

 

4. O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 11 de novembro, ás 13:30 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Dirección do Centro, que exercerá a presidencia, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

 

5. As votacións realizaranse neste Centro Público o martes19 de novembro, de 9:00 a 11:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 8:45 horas.

5. Na papeleta de votación cada elector fará constar un nome (ao ser dous os membros electos) nunha papeleta que se depositará na urna disposta ó efecto, perante a mesa electoral, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, segredo e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

6. Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío á Xunta Electoral do Centro.

 

7. A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

MADRUGADORES

O servizo de MADRUGADORES dará comenzo o 12 de setembro no horario habitual.

Toda a información necesaria para inscribirse  está no arquivo adxunto. 

 

MADRUGADORES

RECOLLIDA DE VALES DE FONDO LIBROS PARA O CURSO 24/25

O horario de recollida no centro de vales de libros e material escolar para o curso 24/25 será o seguinte: 

MÉRCORES 4, XOVES 5 E VENRES 6 DE SETEMBRO DE 2024 ENTRE AS 10:00 E AS 13:00 HORAS. 

 

IMPORTANTE: Soamente poderán recoller os vales as persoas solicitantes, debendo acreditar a súa identidade co correspondente documento (DNI/NIE/PASAPORTE). 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 24-25

No arquivo adxunto podedes atopar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2024/2025. 

REVISTA ESCOLAR DO CURSO 23/24

Un ano mais deixámosvos aquí a nosa revista XUNTOS SOMOS QUIROGA coa que compartimos parte do noso traballo ao longo deste curso. 

Podedes descargala no arquivo adxunto.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 24/25

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B).

A quen vai dirixida?

- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. (O alumnado que curse 5º e 6º de educación primaria no curso 2024/25 estará inmerso no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto)

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.

Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.

Onde se presentan as solicitudes?

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas.

Por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Neste caso, será necesario a presentación dunha solicitude por alumno ou alumna.

Que documentación debedes presentar para tramitar o procedemento?

- Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO I e II.

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

-En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º. Certificado ou volante de convivencia. 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

• Devolución dos libros de texto do curso 2023/24

O alumnado deberá entregar ás titoras os libros de texto do curso actual entre o mércores 19 e o xoves 20 de xuño de 2024.

Outras datas de interese:

-Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 2 de xullo de 2024

-Período de reclamación: 3 e 4 de xullo de 2024

-Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 5 de xullo de 2023

-Recollida dos vales para adquirir libros de textos en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar ao alumnado de educación primaria: os días 8 e 9 de xullo de 2024.