Blogue de admin

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 24/25

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B).

A quen vai dirixida?

- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. (O alumnado que curse 5º e 6º de educación primaria no curso 2024/25 estará inmerso no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto)

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.

Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.

Onde se presentan as solicitudes?

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas.

Por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Neste caso, será necesario a presentación dunha solicitude por alumno ou alumna.

Que documentación debedes presentar para tramitar o procedemento?

- Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO I e II.

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

-En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º. Certificado ou volante de convivencia. 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

• Devolución dos libros de texto do curso 2023/24

O alumnado deberá entregar ás titoras os libros de texto do curso actual entre o mércores 19 e o xoves 20 de xuño de 2024.

Outras datas de interese:

-Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 2 de xullo de 2024

-Período de reclamación: 3 e 4 de xullo de 2024

-Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 5 de xullo de 2023

-Recollida dos vales para adquirir libros de textos en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar ao alumnado de educación primaria: os días 8 e 9 de xullo de 2024.

 

RELACIÓN DE VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-2025

RELACIÓN DE VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-2025

 

Das 14 vacantes ofertadas en 4º de Infantil 2 resérvanse para alumnado NEAE

 

Documentación que se debe achegar(do 1 ao 20 de marzo):

1. Solicitude segundo modelo oficial, formulario ED550B https:www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

2. Documento que acredite a idade do alumnado solicitante: fotocopia da folla do libro de familia onde está inscrito ou fotocopia do DNI (imprescindible presentar o orixinal para cotexo).

3. Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

4. Documento acreditativo de estar en disposición dos requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo (certificado de estudos).

5. Fotocopia do DNI dos proxenitores ou representantes legais.

 

6. Convenio regulador/resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio dos proxenitores ou titores legais, de ser o caso. 

O criterio de admisión complementario establecido polo centro é:

Outorgarase 1 punto a todas aquelas solicitudes que escollan só centros públicos. 

 

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

CONSULTA AQUÍ TODA A INFORAMCIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

Matricúlate na escola pública

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE

ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

 

CENTRO DE ADSCRICIÓN: IES XOAN MONTES

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

PARA O CURSO ESCOLAR 2024/2025

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)

  1. Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I e Anexo I-bis (modelo ED550A) no centro de orixe: 15 de xaneiro - 5 de febreiro, ambos os dous incluídos.

  2. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos. Tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva.

  1. Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.

  2. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 5 abril, ambos os dous incluídos.

  3. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

  4. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

  5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

  6. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

3ª FASE: MATRÍCULA

  1. Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño –01 de xullo.

  2. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño-08 de xullo.

 

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (15 xaneiro-5 de febreiro)

  • Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I e Anexo I-bis (modelo ED550A).

  • Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

  1. Entregándoa no centro de orixe do alumnado (centro no que está actualmente escolarizado).

  2. Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

  • A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se a/o alumna/o resultase admitida/o, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

  • A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro(salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición até o día 28 de febreiro de 2024).

  • A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-20 de marzo)

 

  1. Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B).

  2. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  3. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II e e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.

  1. Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, até o 28 de febreiro.

  1. As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :

  1. Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

  2. Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

  1. Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 8 de novembro de 2022)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

INSTRUCCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e RRHH sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025.

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

Pódense consultar na secretaría do centro ou no buscador de centros da páxina edu.xunta.es

https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do

RESERVA DE PRAZA PARA CENTROS ADSCRITOS

Ábrese o proceso de reserva de praza para o alumnado de 6º de primaria matriculado no presente curso no Ceip Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros e que, no vindeiro curso, pretende continuar os estudos no centro de adscrición  IES XOÁN MONTES.

-Prazo de presentación das solicitudes: do 15 xaneiro ao 5 de febreiro de 2024. 

-Modo de presentación :

- Presencialmente no CEIP Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros.  

- A través da aplicación“admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e da Sede Electrónica. (Procedemento ED550A). 

Lexislación aplicable

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS. CURSO 23-24

ADMISIÓN ALUMNADO. Listaxe definitiva de alumnado admitido/excuído.

Todas as persoas implicadas no proceso de admisión foron contactadas por vía telefónica para comunicar o resultado do baremo definitivo.

 

A partir de hoxe 14 de maio, poden consultar a listaxe acudindo ao centro con cita previa. Así mesmo poden acceder a dita información na aplicaión https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ con certificado dixital ou CHAVE365.

 

Lembren que o seguinte paso é realizar a SOLICITUDE DE MATRÍCULA para o curso 2021-2022, para o cal debe cubrir e entregar na secretaría do colexio os documentos que pode descargar no seguinte enlace.

 

 

Ou ben, recollendo e entregando os mesmos cubertos presencialmente no centro educativo.

 

O prazo para entregar a solicitude vai do 20 ao 30 de xuño (ambos incluídos)

XUñO

L

M

Me

X

V

S

D

 

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

 

 

 

 

 

 

GAÑADORES NO SEGUNDO PREMIO!

 Estimadas familias!

Compartimos unha boa nova!

O alumnado de 4º de Primaria resultou gañador do segundo premio na primeira categoría do IV Concurso de carteis para o 8M que organiza a Secretaria de Igualdade.

Parabéns!

Así mesmo, anímamos á comunidade a " vacinar en igualdade para facer camiño"!

Podedes ver aquí o cartel!

XUNTAS POLA PAZ: DE MALALA A GRETA

Para a celebración do Día da Paz o centro organizou unha actividade onde participou todo o alumnado. Cada nenx elaboraba a súa propia peza de puzzle que foi encaixando con outras de forma que a unión das distintas partes representa a unión necesaria para dar sentido a este día.

 

 

Para decorar as pezas do puzzle propóñense distintas lecturas ao longo desta semana que fomentan a non violencia como “Imagine” ou “O segredo de Flora”. Dende “Falemos delas” achegamos outra lectura como “O lapis máxico de Malala”. Onde damos a coñecer a historia de Malala Yousafzai e o seu activismo, ademais foi premiada co premio Nobel da Paz. 

 

 

 

 

 

 

Enlazando con esto último, falamos de Greta Thunberg nominada xa dúas veces aos mesmos premios. Debatíamos sobre o seu recoñecemento, sobre a súa aportación, comentamos os dous casos. Facemos así, unha achega de dúas aportacións femininas que loitan por un mundo mellor dende diferentes perspectivas: Malala e Greta.

 

Ademais centramos a atención na necesidade de “protesta” e “manifestación” nos tempos que vivimos para poder conseguir máis dereitos. Desta forma, elaboramos coa imaxe de Greta distintas pancartas con mensaxes pacíficos.

 

 

 

 

 

 

Outras actividades coa imaxe de Greta coloreada ao estilo de arte pop.

 

 

 

Tamén afondando no pensamento ecoloxista de Greta, tratamos de construír instrumentos musicais empregando materiais de reciclaxe.

 

Para todas estas actividades empregamos distintos recursos que a parte de axudarnos para a elaboración das mesmas, xeraron nas aulas importantes debates transcendentais.

 

Vídeos:

 

https://www.youtube.com/watch?v=8SXPoGhGoX8

https://www.youtube.com/watch?v=wVWDTcTTIrs

 

Libros:

 

 

MULLERES DENTRO DO CURRÍCULO! Apoiando a iniciativa de Miriam Varela.

Boas familias!

Apoiando o  recoñecemento  das mulleres en moitos dos eidos que foron ignoradas ao longo dos tempos coñecimos no mes de decembro a loita de Miriam Varela.

Esta rapaza ferrolá, historiadora de arte que puxo en marcha unha campaña que trata de incluír artistas femininas na formación de Arte en Bacharelato logo de comprobar que non existe ningunha muller no currículo  desas materias. 

Deste xeito o noso alumnado pediu a colaboración asinando no seguinte enlace:

 

https://www.change.org/p/ministerio-de-educación-cultura-y-deportes-por-la-inclusión-de-mujeres-artistas-en-el-curr%C3%ADculo-educativo?recruiter=21940511&recruited_by_id=19c940b0-9579-0130-f86b-00221964dac8

Para iso, e difundir a mensaxe elaboramos distintos carteis promocionando esta proposta. Despois eliximos un, que foi o elixido para subir a nosa páxina web e aulas virtuais.

Aquí o cartel elixido:

Para finalizar traballamos coas seguintes lecturas que poñen en valor as dificultades que aparecen nas nenas para poder elixir libremente o que queiran ser polas "pedras" que teñen que soportar. 

 

NADAL ENTRE MULLERES CON JUDIT CHICAGO

Dende logo este Nadal foi especial, as celebracións e comidas aos que estamos acostumados non resultaron igual. De aí, naceu a idea de traballar o Nadal coa obra artística de Judit Chicago: A cea. 

Nesta obra a artista escenifica unha gran mesa en forma de triángulo (símbolo de igualdade e feminismo), onde invita a unha serie de mulleres refentes para ela ás que lles dedicará un cuberto caracterizado. 

Tendo en conta toda esta aportación propoñemos ao alumnado crear un árbore de Nadal xuntando distintos triángulos decorados. Nalgúns cursos xorde a idea de dedicarlle a representación a mulleres galegas, noutros cada nenx dedica o seu triángulo á unha muller coa que lle gustaría “invitar a cear”, decorando ao triángulo pensando nelas, e seguindo así os pasos de Judit Chicago. Tamén noutros casos quixemos, aproveitando a ocasión, agradecer a estas mulleres a súa labor enviando correos electrónicos e onde aproveitamos para felicitar as festas. 

Deixamos aquí unha mostra dos seus traballos incidindo na forma triangular como símbolo feminino.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer