Mobilidade sostible e segura

Tarefas para a estadía no fogar

 Aquí estamos de novo con quince días máis para pensar e traballar. 

Sodes máquinas de argallar. Asique , na escola aprendisteis a facer barcos, avions... coches de cartón.... con tanto tempo seguro que sodes capaces de moito máis. 

A volta quixera organizar unha exposicion de medios de locomoción

Sabedes que éstes evolucionaron ó longo da historia, comezaron utilizando animais, logo inventouse a roda, despóis os distinros motores e agora.... tócavos a vos. Podedes reproducir uns destes medios de locomocion con material de refugallo, facelo de modo que o poidades usar como o que fixo Aixa no entroido ou inventar o transporte do futuro. Non saiades da casa, abonda un pedaciño de papel , unha caixa de carton, un pau dunha escoba e miles de obxectos que temos no fogar. Animo rapaces imos argallar.

Mandade as fotos ó correo da escola,no asunto poñede FOTO MOBILIDADE e así saberemos que se trata dun correo con prioridade.

Do mesmo xeito agardo a foto das vosas sinais.  Saúdos. 

Estádelo facendo xenial, temos moita sorte de ter uns futuros adultos respetuosos co medio ambiente, coa sociedade e coa saúde . Unha aperta virtual que mui pronto será na escola. 

Deseño de sinais.

Dada esta situación, insólita e de risco, o Goberno tomou numerosas medidas que afectan á mobilidade, tanto de transportes como de personas.

  • Como xa vos falara na escola, podedes recortar ou facer fotografías e gardar enlaces que falen sobre esta situación. Á volta falaremos de todo o que recollades.

Sodes as e os mellores do mundo, os adultos do futuro, uns e unhas expertos e unhas expertas en mobilidade segura.

 

QUEDADE NA CASA. 

 

  • Anímovos a deseñar e colgar unha sinal nas vosas fiestras que reflexe as normas a cumplir estes días.

 

Gracias. Ánimo. Boa Primavera a todos e a todas. Todo irá ben!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer