Visítanos o Apalpador!

O pasado 20 de decembro visitounos por sorpresa o APALPADOR, cargado cun cesto cheo de castañas, e acompañado por un grupo de gaiteros que amenizaron a nosa mañá. 

Horario Orientadora (2º trimestre)

Os días sinalados en negriña e cor amarelo correspóndense cos períodos que a ORIENTADORA estará dispoñible no noso centro.

IMPORTANTE: recordade que é preciso solicitar cita previa.

 

Tamen podedes descargar o horario en "ficheiros adxuntos".

ABALAR MÓBIL

(Pincha na imaxe para máis información)

 

  • Que é ABALAR MÓBIL?

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. É gratuita e non ten publicidade.

 

  • Funcionalidades e servizos:
  1. Acceder aos datos persoais.
  2. Consultar as cualificacións.
  3. Comprobar e xustificar as faltas de asistencia.
  4. Consultar o apartado de faltas de conduta.
  5. Solicitar, anular e consultar o estado dunha titoría.
  6. Consultar os datos do centro educativo.
  7. Consultar os avisos ou notificacións.
  8. Consultar as incidencias.
  9. Modificar o idioma da aplicación.
  10. Contactar co servizo técnico.

 

  • Quen pode darse de alta na app?

Nais, pais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. (Debe comprobar que o titor/titora ten o número do teléfono móbil no que desexa instalar a aplicación)

 

 

IMPORTANTE: consulte co/coa titor/a do/a alumno/a que funcións da aplicación ten habilitadas.

 

 

Tedes á vosa disposición a seguinte guía:

(Pincha na imaxe para visualizar a guía ou descargadea directamente en "arquivo adxunto")

Chegou o Samaín!

Chegou o SAMAÍN ó CEIP Benigno Quiroga Ballesteros!

Terroríficos rincóns podiades atopar no noso cole: pantasmas ocultas, bruxas vixiantes, castelos encantados, morcegos aterradores, cabazas xigantescas... pero o máis arrepiante apareceu o pasado mércores: nenas/os convertidos en bruxas, esqueletos, criaturas horribles... QUE MEDO!

 

AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE

Segundo o punto 3 do artigo 7 da Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, queda establecido o día 31 de outubro como DÍA DO ENSINO. Este día ten a consideración de non lectivo co que as clases reanudaranse o luns 4 de novembro.

Horario Orientadora (1º trimestre)

Os días sinalados en negriña e cor amarelocorrespóndense cos períodos que a ORIENTADORA estará dispoñible no noso centro durante o 1º trimestre.

IMPORTANTE: recordade que é preciso solicitar cita previa.

 

Datos xerais

DATOS XERAIS DO CENTRO

O CENTRO
Nome CEIP Benigno Quiroga Ballesteros
Código 27006395
Naturaleza Centro público
CONTACTO
Enderezo Rúa Bolaño Rivadeneira s/n, 27001 Lugo
Teléfono 982828190/91
Fax 982828193
Enderezo electrónico ceip.benigno.quiroga@edu.xunta.es
Horario 9:00-14:00
Titorías Martes, de 17:00h a 18:00h.

 

 

 

Benvida

 Benvidos á web do

Ceip Benigno Quiroga Ballesteros

Sitio web do CENTRO EDUCATIVO.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer