CONVOCATORIA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR. SECTOR PAIS/NAIS

No documento adxunto pódese consultar a convocatoria para a elección dos representantes de pais/nais na renovación do Consello Escolar.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Poden acceder ao proceso que desexen visualizar de cada  momento premendo no día correspondente.

O destacado en azul ten enlace a contido. Poden acceder a él premendo.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

 

As actividades extraescolares ofertadas polo Concello comezarán a partir do día 18 de outubro e no seguinte horario:

MARTES  16:00 a 17:00 PATINAXE

              17:00 a 18:00 BAILE GALEGO

XOVES    16:00 a 17:00 PREDEPORTE

Debido ao elevado número de solicitudes para PATINAXE haberá que facer dous grupos en diferentes horas que xa se comunicarán.

AMPLIACIÓN AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/23

Na Resolución 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, a Consellería de Educación aprobou unha ampliación das axudas para mercar material escolar a favor das familias que xa foron beneficiarias da axuda de 50 €. O importe desta ampliación é de 25 €.

DESTINATARIOS : o alumnado que foi beneficiario da axuda por importe de 50 € para adquirir material escolar para o presente curso 2022-23

RECOLLIDA DE VALES : 19, 20 e 21 de outubro de 9:00 a 9:30 e de 13:30 a 14:00

O vale deberá enmpregarse na librería ou establecemento antes do 1 de decembro.

DATAS DE REUNIÓN TITORÍA INICIO CURSO

CURSO DATA
1º E. PRIMARIA MARTES, 13  ÁS 17:00 HORAS
2º E. PRIMARIA MARTES, 13 ÁS 16:00 HORAS
3º E. PRIMARIA LUNS, 12 ÁS 16:00 HORAS
4º E. PRIMARIA MARTES, 13 ÁS 17:00 HORAS
5º E. PRIMARIA MARTES, 20 ÁS 16:00 HORAS
6º E. PRIMARIA LUNS, 12 ÁS 17:00 HORAS

INICIO CURSO 2022/23

O vindeiro xoves 8 de setembro comeza o curso escolar.

O horario será de 9:00 a 14:00 h.

A porta de entrada ao recinto abrirase ás 8:55 h. e o alumnado fará as filas dentro por cursos.

REVISTA "XUNTOS/AS SOMOS QUIROGA" 21-22

O curso chegou ao seu fin e con el chega a esperada publicación da nosa revista escolar Xuntos/as somos Quiroga. Agardamos a disfrutedes. Feliz Verán!

Preme na imaxe para abrir a revista

LIBROS DE TEXTO 2022- 2023

Listaxe de libros de texto para o vindeiro curso, 2022- 2023.

 

*29/06/22 cambio libro 1º primaria

 

O ISBN do libro de Relixión Católica de 3º de Primaria que aparece na listaxe é incorrecto. O novo é 9788414301746. Non deben compralo ata empezar o curso e falar coa mestra.

 

Calendario prazos FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Fondo Libros

Publicación listaxe provisional :  4 xullo (no taboeiro de anuncios interior do centro)

Reclamacións a listaxe provisional: 5-6 xullo

Publicación listaxe definitiva :  7 xullo (no taboeiro de anuncios interior do centro)

Entrega de libros do fondo:  A primeira semana lectiva de setembro

 

Axudas libros e material

Entrega de vales de libros de texto e material: 7-8 xullo de 10:00 a 13:30 (as familias que non recollan o vale nestas datas terán que esperar ata setembro para recollelo).

 

 Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer