LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS

Lémbrase que dende hoxe día 2 de xullo, pódese consultar no taboleiro interior do noso centro educativo ou vía telefónica (982 82 81 91 / 982 82 81 90) en horario de mañá de 10.00h a 13.30h:

 

- A listaxe provisional de admitidos do Fondo Solidario de libros de texto.

- As axudas para a adquisición de material escolar.

 

As reclamacións a esta listaxe, levaranse a cabo os días 5 e 6 de xullo e a publicación da listaxe definitiva será o 7 de xullo.

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 21-22

A continuación podedes consultar a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2021/2022 descargando a listaxe en arquivos adxuntos.

 

 

 

  • 5º E 6º  Educación Primaria (non teñen que mercar libros de texto):

 

O alumnado de 5º continúa con Edixgal.

O alumnado de 6º incorporarase ao programa Edixgal, traballando con libro dixital.

Todo o alumnado matriculado en 5º e 6º de EP recibirá un ordenador portátil ao comezo de curso. As familias serán informadas do proceso de recollida.

OUTRAS ACTIVIDADES DE “FALEMOS DELAS” E DESPEDIDA

Ao longo deste curso deande o cole puxemos en valor a figura de moitas mullers, o seu traballo e repercusión. De forma paralela tamén, reflexionamos sobre a necesidade de educar en igualdade e de loitar polos mesmos dereitos.

Ademais de todas as actividades que realizamos e compartimos. Existen outras que xurdiron de improviso que non foron programadas con antelación, moitas delas naceron do propio alumnado.

Deste modo, durante a Semana da Prensa poñendo titulares a moitas das noticias dos xornais, elaboramos titulares para a noticia que contaba que o noso cartel estaba circulando pola cidade tras resultar gañador no concurso.

 

     

 

Tamén na mesma semana fíxemos con follas dos xornais uns sombreiros que acabamos expoÑendo en honra do movemento: “As sen sombreiro”, ao que pertencía Maruja Mallo.

 

 

De Maruja, ademais de dedicarlle o Entroido coñecíamos parte da súa obra e reproducimos algunhas das súas pezas artísticas nas sesións de Plástica. Conectando con outras mulleres pintoras como Georgia O keeffe, unha das mulleres cos cadros máis caros do mundo, que deu paso tamén a facer comparacións económicas entre os salarios dos homes e as mullere mulleres.

  

 

Por outra banda, tamén realizamos algunha actividade que non foi rematada pois aínda a día de hoxe non recibiu resposta. Tratase de que tanto o alumnado de 4º e 5º Primaria participou nunha iniciativa proposta polo Concello de Lugo que pretende visibilizar o papel transcendental de moitas mulleres da nosa contorna. Para iso, daba a oportunidade de lanzar preguntas a mulleres moi coñecidas de Lugo. As dúas clases lanzaron as preguntas e as enviaron por correo.

Agardando as respostas, deixamos aquí algunhas das enviadas:

 

Para Lara Mendez:

- Se non foras alcaldesa en que traballarías?

 

Para Carmen Lence:

- Cal foi o teu maior logro profesional?

 

Para Blanca Montenegro:

- É difícil ser presidenta do Progreso, sendo muller?

 

Para Mónica Álvarez:

- A que tipo de persoas con discapacidade axudas?

 

Para Verónica Marcos:

- Que é o máis interesante do teu traballo?

 

Para Dolores Fernández:

- Como chegaches a traballar en igualdade na Universidade?

 

Así foi pasando un curso, onde en cada oportunidade que tivemos tratamos de introducir o papel de moitas mulleres. En ocasións non traballamos con mulleres reais e atendíamos incluso aquelas que aparecían nos contos baixo estereotipos e micromachismos que tratamos de reformular para a crear novas historias nunha actividade para o Día do Libro.

Tratando de aprender de cada actividade e coa ilusión de que as cousas melloren, esperando que as pequenas do cole teñan un futuro mellor e medren sendo respectadas e co recoñecemento necesario. Con esa ilusión, adornamos a árbore da igualdade, debaixo da que agora medra un pequeno hortiño. Esperamos que o igual que este hortiño as nosas iniciativas den o seu froito.

 

 

 

VIDEO

(pincha na imaxe para visualizar o video)

 

 

Moitas grazas a todxs pola vosa colaboración!

Despedida alumando 6º EP

Pincha na imaxe para visualizar o video

 

 

 

Pincha na imaxe para visualizar o video

REVISTA ESCOLAR 2020/2021

Pincha na imaxe para visualizar a revista

ENTREVISTANDO ÁS NOSAS ANTÍAS!

Ao longo deste curso coñecímos a aportación de moitas mulleres en diferentes ámbitos. Un deles, foi o educativo, e para iso achegámonos a unha das mestras galegas que marcou un antes e un despois nuns tempos moi díficiles. Ela é Antia Cal. 

 

 

Aquí podedes ver unha entrevista dela que vimos na clase:

 

https://www.youtube.com/watch?v=JNdo6BslRys

 

Tras investigar un pouco da súa traxectoria e ver a ilusión coa que fala da súa profesión, o alumnado de 4 º de Educación Primaria pensou en preparar unha rolda de preguntas para dúas mestras que nuns días deixarán o colexio por motivo da súa xubilación. Elas son: a profe Pilar e a profe Helena. 

 

Dicimos, agora, despois de esta experiencia  como entrevistadorxs que elas son as nosas Antias, porque elas tamén son mulleres loitadoras que tras tantos anos traballando, e unha pandemia polo camiño, seguen amosando un gran amor polo seu traballo. 

 

Compartimos aquí algunhas das principais preguntas que lles fixemos. As respostas aparecerán na revista do cole en EXCLUSIVA!! 

 

Tratamos con isto, facer un pequeno homenaxe polo seu labor e como agradecemento de moitas das crianzas que lles axudaron a medrar. 

 

 

As preguntas foron: 

 

Canto tempo levas traballando como mestra?

 

Que é o que máis che gusta de ser mestra?

 

Se non foras mestra que serias?

 

Que aprendiches de ser mestra que antes non sabias?

 

Que recordo tes dos teus primeiros alumnos?

 

De toda a túa traxectoria, cal foi o teu mellor recordo como mestra?

 

Custouche moito sacrificio ser mestra?

 

A que te vas dedicar cando te xubiles?

 

Cres que é difícil esta profesión?      

 

Desexamos que sexan moi felices na nova etapa que van comezar!

 

Aquí coa profe Helena:

 

 

Aquí coa profe Pilar:


  

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

 

UN XUÑO CON ESCRITORAS GALEGAS!

Despois do mes de maio, onde dedicamos tempo a homenaxear a figura de Xela Arias. Chega xuño, e a proposta dende  “Falemos delas” é centrarnos  noutras mulleres galegas actuais (a maioría da provincia de Lugo) que teñan unha obra adaptada ao noso alumnado. 

 

Así, coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega logramos realizar unha listaxe de estas donas que son parte importante da nosa cultura e que, ao igual que Xela, escriben en galego! 

 

Ao longo destas últimas semanas de curso e xa pensando no inicio do que ven, estarán moi presentes nas aulas.

 

Compartimos a nosa selección, e tamén animamos a que fagades algunha outra aportación!

 

LISTAXE:

 

TERESA MOURE   “Mamá, ti si que me entendes”.

FELISA REDONDO VALÍN  “Que lles pasa ás princesas?”

ANTÍA YÁÑEZ  “ A reconquista”.

HELENA VILLAR JANEIRO “Contos do sol e da lúa”.

MARICA CAMPO  “Abracadabra”.

Mª XOSÉ LAMAS “Cantigas para aprender a soñar”.

ADELA FIGUEROA “O rei Floresta”.

CONCHI REGUEIRO “Un marciano neste mundo”.

SABELA NÚÑEZ SINGALA “O agasallo de Anya”.

SABELA ÁLVAREZ NÚÑEZ “Adiviñas para xogar”.

ANXELA GRACIÁN “As voces de agua”.

MARÍA REIMÚNDEZ “Usha”

CRISTINA CORRAL SOILÁN “Os poemas do río”.

PEPA BARRIOS “Cando era tempo de inverno”.

CRISTINA SÁEZ CAZALLAS e ALMUDENA APARICIO “A casa máis animada do mundo”.

MARISA NÚÑEZ Y ANA EXPÓSITO “ O dente de Clara”

 

Xa están aquí os primeiros libros en chegar:

 

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR FONDO SOLIDARIO, AXUDA PARA ADQUISICIÓNDE LIBROS DE TEXTO, AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021/2022

FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA ADQUISICIÓNDE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.CURSO 2021/2022

 

Prazo de presentación de solicitudes:

21 de maio ata 22 de xuño de 2021 (ambos incluídos)

 

Lugar de presentación:

Na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) Tamén pode descargalos no arquivo adxunto a esta noticia (na parte de abaixo) ou recolléndoa no propio centro.

 

Requisitos:

Alumnado matriculado no curso 2021/2022 en:

-Fondo solidario:3º ou 4º Ed. Primaria.

-Axudas libros: 1º ou 2º de Ed. Primaria .

-Axudas material: Todos os cursos de Ed. Primaria .

Devolver os libros de texto que se lles prestaron polo programa de fondo de libros no curso 2020/21 (Proximamente recibirán información do procemento para a devolución dos libros de texto). O alumnado de 1ºe 2º de Educación Primaria non ten que devolver os libros de texto.

 

Contía das axudas segundo o tipo

a) Fondo solidario: Pode solicitar a axuda todo o alumnado independentemente da renda pero os libros que hai no fondo solidario repartiranse atendendo á renda das familias. As familias teñen dereito a un mínimo de libros en función da súa renda:

-Renda ata 6000€ dereito a 6 libros.

-Renda de 6000, 01 ata 10000€ dereito a 4 libros.

b) Axuda para adquisición de libros de texto:

-Renda ata 6000€: 210€

-Renda de 6000, 01 ata 10000€: 140€

c) Axuda para adquisición de material escolar:

-Renda ata 6000€: 50 €

Como saber a renda familiar per cápita?

Renda familiar per cápita = renda familiar dividida entre o número de membros da familia computables. Cálculo da renda familiar = (casilla 435+ casilla 460) / número de membros da unidade familiar (renda do exercício fiscal 2019)

 

**Enténdese que son membros da unidade familiar (situación familiar a 31 de decembro de 2019):

-Pais non separados legalmente ou titores.

-Pais non casados, que convivan.

-Pais separados legalmente ou divorciados con custodia compartida.

-Fillos menores de idade salvo os emancipados.

-Fillos maiores de idade con discapacidade suxeitos a patria potestade.

-Fillos solteiros menores de 25 anos que convivan ata 31 decembro 2019.

-Membro unidade familiar con discapacidade igual ou superior o 33% conta por dous membros (Tamén percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas).

 

Documentación a presentar:

1. Anexo I e II (a vosa disposición na web da Consellería de Educación, na secretaría do centro,na web do colexio, na aplicación Fondolibros e na sede electrónica da Xunta de Galicia)

2. Copiado Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Se NON TEÑEN Libro de Familia ou a situación familiar é diferente á especificada no Libro de Familia poderán acreditar o número de membros empregando algún destes medios:

- No caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial de separación ou divorcio ou o convenio regulador onde conste quen ten a custodia do menor.

- Certificado de empadroamento da unidade familiar.

- Certificado do concello que acredite a situación familiar.

3.Certificado de discapacidade de calquera membro computable da familia recoñecido por órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

4. No caso de violencia de xénero no ámbito familiar, documentación que o acredite.

 

Normativa:

Orde do 6 de maio de 2021(DOG 20/05/2021)

 

Outra información de interese.

*Farase a consulta automática dos seguintes datos: DNI ou NIE, declaración da renda, percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta e grande invalidezegrao de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. No caso de que os interesados non autoricen a consulta automáticas deste datos terán que achegar a documentación correspondente.

*Familias que teñen máis de 1 fillo no centro realizarán unha única solicitude, excepto se presentan a solicitude por vía electrónica que realizarán unha solicitude por cada fillo.

* As familias poden presentar a solicitude por vía electrónica empregando calquera dos mecanismos admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído a Chave 365.

 

Enlaces:

Orde que regula a convocatoria

Extracto da  Orde que regula a convocatoria

Enlace á sede electrónica.

Enlace á aplicación FONDOLIBROS.

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Este ano Xela Arias foi a escritora galega homenaxeada o 17 de maio. Para achegarlles ao alumnado a súaa figura, dende “Donas de si” presentamos dúas actividades: unha para o deseño dunha chapa co “X” e unha representación da súa vida con elementos simbólicos do seu percorrido. Ademais contamos coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística, que aportou gran variedade de material para achegar ao alumnado a súa vida e obra.

 

Despois das actividades previas nas clases onde coñécemos datos sobre a figura Xela, pasamos a elaborar as seguintes actividades:

 

“DESEÑO DUNHA CHAPA CO X”

O “xe” a parte de ser a inicial do nome de Xela, forma un dos sons máis característicos da nosa lingua. Ademais de ser un símbolo inclusivo nas novas formas de escritura dende unha perspectiva de xénero. Algo que a súa vez vai moi unido a figura de Xela Arias.

Así pois cada nenx elaborou o seu “X” adicado a escritora. En Infantil cada alumnx elaborou a sú propia chapa. Mentres en Primaria elixiuse unha chapa representativa e ademais cada nenx levou a súa letra en pegatina. Os deseños foron moi orixinais e variados!

 

“REPRESENTACIÓN SIMBÓLICA DA SÚA VIDA”

A vida de Xela non foi moi longa pola súa morte temperá. Aínda así estivo marcado por multitude de acontecementos, e facetas artísticas que fan da escritora toda unha referente. Para representar a súa traxectoria, vida, obra así como facetas nas que máis destacou fixemos unha representación conxunta entre todas as clases do centro. Para iso, cada nivel plasmou unha etapa con debuxos, símbolos, pictogramas, palabras… atendendo aos distintos momentos:

 

4º EI: Nacemento – traslado a Lugo (1962-1965)

5º EI: Estancia en Lugo- traslado a Vigo (1965- 1969)

6º EI: Formación académica, primeiros escritos, premios… (1969- 1980)

1º EP: Traballo en Xerais, iniciación na poesía… (1980 -1986)

2º EP: Ingreso na Asociación de Escritores da Lingua Galega, tradución de obras… (1986-1987)

3º EP: Colaboración con Xulio Xil, casamento, faceta ecolóxica… (1988-1993)

4º EP: Nacemento do seu fillo, cambio de nome, faceta feminista… (1993- 1996)

5º EP: Retoma estudos, publicación “Darío a diario” e outras obras.. (1996- 1999)

6º EP: Traballo como profesora, último libro de poemas… (1999-2003)

 

Ademais de xeito individual cada clase elaborou outras actividades como caricaturas, lecturas, representacións…

 

Esperamos poder seguir dando luz a figuras femininas!

 

ADMISIÓN ALUMNADO. Listaxe definitiva de alumnado admitido/excuído.

Todas as persoas implicadas no proceso de admisión foron contactadas por vía telefónica para comunicar o resultado do baremo definitivo.

 

A partir de hoxe 14 de maio, poden consultar a listaxe acudindo ao centro con cita previa. Así mesmo poden acceder a dita información na aplicaión https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ con certificado dixital ou CHAVE365.

 

Lembren que o seguinte paso é realizar a SOLICITUDE DE MATRÍCULA para o curso 2021-2022, para o cal debe cubrir e entregar na secretaría do colexio os documentos que pode descargar no seguinte enlace.

 

 

Ou ben, recollendo e entregando os mesmos cubertos presencialmente no centro educativo.

 

O prazo para entregar a solicitude vai do 20 ao 30 de xuño (ambos incluídos)

XUñO

L

M

Me

X

V

S

D

 

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer