FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2022-2023.

 O alumnado admitido no centro deberá formalizar a matrícula no seguinte prazo:

Dende o 20 ata o 30 de xuño (ambos inclusíve)

 

Documentación necesaria e impresos adxuntos

BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NEAE

Aberto o prazo para solicitude de bolsas para alumnado con NEAE ate o 30 de setembro. Estas bolsas están dirixidas a alumnado que necesita determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén a alumnado con TEA ou con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

A convocatoria pode consultarse no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

 

AXUDAS CONCELLO DE LUGO PARA O SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Vén de publicarse no BOP as bases polas que se regulan as axudas para a adquisición de libros de texto e material educativo para alumnado de segundo ciclo de educación infantil  (4º, 5º e 6º de infantil), matriculado en centros sostidos con fondos públicos do Concello de Lugo.

 

Información Web do Concello de Lugo

Solicitude 

Sede electrónica do Concello de Lugo

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Infórmase da publicación no Diario Oficial de Galicia do día 18 de maio de 2022, a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022-23.

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño.

premer na imaxe para acceder á orde

Dibujos de apuntes para colorear

  

  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 3º, 4º de educación primaria.   

O alumnado matriculado en centros incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) dos cursos de 5º e 6º de educación primaria, está excluído da participación do fondo solidario dos libros de texto.

  AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO

 Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado de todos os cursos de educación primaria.

 

DOCUMENTACIÓN

 

- Solicitude de participación (Anexo I)

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados (ED330B anexos I e II) nos seguintes enlaces:

- na aplicación  da Consellería de Educación FONDOLIBROS

- na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia

 

- ou de forma presencial na SECRETARÍA do centro onde estén admitidos para o curso 2022-2023, presentando os seguintes impresos, que tamén estarán a disposición no centro:

 ANEXOS I e II 

 

HORARIO SECRETARÍA

LUNS de 11:00 a 11:45

MARTES 24 e 31 de maio de 16:00 a 17:00

MÉRCORES de 12:15  a 13:00

XOVES de 9:00 a 9:45

VENRES de 10:00 a 10:45

Listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído para o curso 2022/2023

As listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído para o curso 2022/2023 estarán expostas no taboleiro interior do centro dende o día 13 de maio ás 14 horas.

Tamén poderán acceder ás listaxes definitivas a través da aplicación "Admisión Alumnado" empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre.

A matrícula do alumnado admitido realizarase do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023

O prazo para facer a solicitude de admisión de alumnado será do 1 ao 21 de marzo.

 

NORMATIVA ADMISIÓN ALUMNADO:

DECRETO 13/2022, do 13 de febreiro ( DOG 11/02/2022 )

ORDE  12 de marzo de 2013 ( DOG 15/03/2013 )  Vixente en todo o que non sexa incompatible co novo Decreto.

ORDE 25 de xaneiro de 2017 ( DOG 01/02/2017).  Vixente en todo o que non sexa incompatible co novo Decreto.

ORDE 18 de decembro de 2020 ( DOG 22/12/2020 )Vixente en todo o que non sexa incompatible co novo Decreto.

RESULTADO SORTEO PÚBLICO ANUAL DAS LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

- APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

- ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA

- MAPA ÁREA DE INFLUENCIA.

- Anexo II. ( ED550B )

 

 

 POSTOS ESCOLARES VACANTES. CURSO 2022/2023 (PENDENTE DE APROBACIÓN DEFINITIVA POLA XEFATURA TERRITORIAL ANTES DO 1 DE MARZO)

ENLACE Á INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN NA PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

 

Novidades

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer