Skip to Content

3º ciclo

EDIXGAL 23-24

Edixgal 22-23

CURSO 2023-24

Moi boas familias lembramos que o alumnado que pasa de 4º a 5º de EP entrará no programa EDIXGAL pero non recibirán os equipos ata setembro. Deixamos aquí máis información.

Lembrade tamén que as familias do alumnado que pasen para 5º ou para 6º tamén podedes participar na solicitude de fondo libros (data límite 21 de xuño) para material escolar a pesar de estar no programa EDIXGAL. 

(clic na imaxe para descargar)

edixgal 23-24

 

 Tamén se pode realizar a solicitude do seguro voluntario a través da páxina:

https://coberturasir.plexus.es/

PODES DESCARGAR AQUÍ O MANUAL

 

Deberedes rexistrarvos para poder acceder ao servizo e xestionar a solicitude do seguro, de así desexalo.

Pedirán certos datos que hai no equipo como:

  • Nome do centro: CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
  • Número de serie do equipo: que podedes atopar tanto na pegatina que puxemos dende centro como debaixo do ordenador.
  • Modelo: os nosos equipos son Lenovo ou HP (comprobar no equipo asignado).

Información Digital Week - Só para alumnado seleccionado

digital week

INFORMACIÓN IMPORTANTE HORARIOS ENTRADA E SAÍDAS DA ACTIVIDADE E OUTRAS INFORMACIÓN IMPORTANTES

Achegamos documentación para as familias do alumnado seleccionado para participar na DigitalWeek 22-23

  • Información digitalweek 22 quenda 1 (é moi importante a consulta desta información xa que fai referencia, entre outras, cousas a que debe levar o alumnado).
  • Fichas alumnado (esta ficha debe entragarse cuberta no momento do que o alumnado entre na actividade)

 

 

EDIXGAL CURSO 22-23

Edixgal 22-23

CURSO 2022-23

Moi boas familias lembramos que o alumnado que pasa de 4º a 5º de EP entrará no programa EDIXGAL pero non recibirán os equipos ata setembro. Deixamos aquí máis información.

Lembrade tamén que as familias do alumnado que pasen para 5º ou para 6º tamén podedes participar na solicitude de fondos libros (data límite 22 de xuño) para material escolar a pesar de estar no programa EDIXGAL. 

(clic na imaxe para descargar)

edixgal 22-23

 

 Tamén se pode realizar a solicitude do seguro voluntario a través da páxina:

https://coberturasir.plexus.es/

PODES DESCARGAR AQUÍ O MANUAL

 

Deberedes rexistrarvos para poder acceder ao servizo e xestionar a solicitude do seguro, de así desexalo.

Pedirán certos datos que hai no equipo como:

  • Nome do centro: CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
  • Número de serie do equipo: que podedes atopar tanto na pegatina que puxemos dende centro como debaixo do ordenador.
  • Modelo: os nosos equipos son Lenovo.

6º de EP acode á charla de Antía Yáñez "Breve historia divertida do feminismo galego"

Antía Yáñez Breve historia sobre o feminismo gaelga

O día Internacional da nena o alumnado de sexto, ademais da actividade organizada polo noso centro, tamén acudiu a unha interesante charla a cargo de Antía Yáñez Rodríguez que levaba por título “Breve historia divertida do feminismo galego”

A recoñecida escritora deu unha visión histórica da inxusta minusvaloración da muller ao longo do tempo. Falou das grandes desigualdades da sociedade na que, polo simple feito de ser muller, xa hai cousas que están mal vistas en comparación co home.

Defendeu deste xeito a figura de mulleres que “amolan”, mulleres que se empoderan e se fan ver.

Antía Yáñez Breve historia sobre o feminismo gaelga

Realizou ademais, un entretido percorrido histórico no que falou de mulleres senlleiras. Dende Exeria, importante escritora nacida na Idade Antiga en Gallaecia, autora da obra Itinerarium Egeriae; pasando por Dona Urraca e a soldadeira medieval de Coirós María Balteria.

Nese percorrido  chegou a Idade Moderna e  non esqueceu a figura de importantes mulleres coma: Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou María Victoria Moreno, autora da famosa obra Anagnórise. Non esqueceu tamén a Maruxa e a Coralia Fandiño, as dúas en punto, ou a Marcela e Elisa precursoras galegas do matrimonio entre persoas do mismo sexo a comezos do século XX.

Con ese caldo de cultivo a autora de “Senlleiras” realizou unha importante cuestión ao auditorio, cantas destas mulleres foran recoñecidas no Día das Letras Galegas? Destacou que só catro mulleres recibiran esa honra dende hai 56 anos. De aí, segundo a ponente, a necesidade de “amolar”, a necesidade de facerse ver e de empoderar á muller e en concreto ás mulleres galegas.

MANNEQUIN CHALLENGE DO PDC

O alumnado de sexto curso do CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba) filmou un Mannequin Challege para felicitar o Nadal de parte de todos os colaboradores do Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio.

Estes nenos e nenas son uns artistas...FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!

Excursión 6º a Londres

Os nosos rapaces e rapazas de 6º atópanse de excursión en Londres desfrutando da capital británica e pasando uns días que nunca esquecerán. Visitarán Oxford, o Museo Británico, o Támesis, o London Eye... Agardamos a súa volta para que nos conten as aventuras vividas.

Por suposto, levaron o Proxecto Deportivo de Centro máis alá das nosas fronteiras para facelo máis internacional aínda.

Seguide disrutando da viaxe!

 

 

Non hai cousas de nenos nin de nenas: só de persoas

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro estivo de sorte! Asistiron aun contacontos moi especial na biblioteca pública do noso concello. Alí descubriron que: non hai contos de nenos nin de nenas, só de persoas.

Non hai cousas de nenos nin de nenas: só de persoas

METEOESCOLAS 2016/2017 (NOVA EN CREACIÓN, INCOMPLETA)

Este curso o alumnado de 6º participou no programa Meteoescolas, levando a cabo a medición de temperatura e de precipitacións na nosa estación metereolóxica.

Ademais realizáronse diferentes traballos por proxectos relacionados co tempo, todos recollidos nun FANZINE ( publicación feita con poucos medios e de tirada reducida que trata de temas culturais: cómic, literatura, tiras de humor,...)

Algúns dos traballos realidados foron:

 

-Murais de fenómenos atmosféricos.

- Murais das estacións:

 

- Traballos de investigación:

 

MANNEQUIN CHALLENGER DO PDC

O alumnado de sexto curso do CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba) filmou un Mannequin Challege para felicitar o Nadal de parte de todos os colaboradores do Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio.

Estes nenos e nenas son uns artistas...FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut