Skip to Content

3 de decembro - Día Internacional das persoas con discapacidade

Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

  Que significa ser unha persoa con discapacidade ou con diversidade funcional?

 

A diversidade funcional é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O termo úsase tanto para definir unha deficiencia física ou mental, como a diversidade funcional sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.

Aquí deixamos recursos audiovisuais para traballar co alumnado

Tamara

Un mar de cores, conto adaptado por Aulas Galegas indicado para Educación Infantil. Contén tamén actividades

CONTO EN PDF - ACTIVIDADES PARA DESCARGAR 1 - ACTIVIDADES PARA DESCARGAR 2 
 

Ían: curtametraxe que promove a inclusión

 

Suceden cousas marabillosas, vídeo sobre o Autismo

 
 

Vídeo para alumnado de 3º a 6º de EP que explica o que son persoas con discapacidade.

 

É importante ter presente que as persoas con diversidade funcional, a "minoría máis ampla do mundo", adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estes obstáculos cotiáns súmanse a discriminación social e a falta de lexislación adecuada para protexer ás persoas con diversidade funcional.

 

Unha sociedade é madura e responsable se é quen de incluír a todos os seus membros. Se non é outra cousa.

 

Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional 

Para todas aquelas persoas que pensan que as persoas con diversidade funcional non poden facer determinadas cousas... para todas elas aquí tedes un vídeo que nos demostra todo o contrario.

vídeo 1

 



page | by Dr. Radut