Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

SAMAÍN 2020

Aí vén o Samaín! Este ano vai ser un pouco diferente xa que temos que cumprir coas medidas de hixiene e distanciamento, pero o virus non vai impedir que celebremos unha das nosas festas favoritas. 

 

En primeiro lugar, e grazas ao Concello de Cerdido, teremos unha actividade con La Guagua. Haberá dous turnos, un para @s pequen@s de educación infantil, e outro para @s de educación primaria. En cada turno, o alumnado permanecerá sentado, previa desinfección de mans, e coa máscara posta en todo momento, mantendo as distancias necesarias entre nen@s e cos monitores. Manterase tamén a distancia entre os "grupos burbulla".

 

Por outra banda, celebraremos o noso tradicional concurso de cabazas, unha actividade en colaboración coas familias. Se desexades participar, deberedes decorar a vosa cabaza na casa, e poderédela traer ao cole entre o luns 26 e o xoves 29, para expoñelas na entrada como todos os anos. Haberá catro premios (un por cada grupo) ás cabazas máis orixinais, que serán entregados ao final da mañá en cada aula.

 

Ademáis, levaremos a cabo diversas actividades relacionadas co Samaín nas aulas.

 

Lembramos que podedes vir disfrazad@s! 

Distribuir contido


by Dr. Radut