Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

MAIO, MES DAS FLORES E DAS LETRAS

O mes de maio...o mes das flores e das letras...

A primavera está chegando ó cume:a floración dos vexetais corresponde aos días en que a natureza se amosa máis esplendorosa(…)A luz vencerá ás tebras, a primavera ao inverno” Clodio González Pérez.
Son distintas as manifestacións que se espallan pola nosa terra vencelladas ao ciclo de maio. Seguramente haiba quen acorde no noso concello, aínda que sexa coma se dun soño se tratara, o feito de ir pedir o guinaldo no mes de maio.
Na escola fixemos unha artistada con flores: unha alfombra chea de peixiños de cores que agardamos vos guste.


 

 

 

 

ENTROIDO 2022

Aquí tedes os tres vídeos nos que veredes unha pequena mostra do entroido escolar no CEIP da Barqueira. Sendo este o Ano Internacional do Desenvolvemento Sostible das Montañas, eliximos a natureza como tema no que artellar os traxes. Os nenos e nenas son o futuro, sen pequerrechos non hai mañá igual que sen insectos, plantas e animais non hai vida. Respectade o medio que nos rodea e coidade a esas criaturas diminutas que andan polo mundo como elas nos cuidan a nosoutros. De hoxe nun ano volvamos a celebrar.

Como actividades fixemos un pasarrúas e merendamos pizza do Tropezón no cmpo da feira. O día acompañou como puido, as familias tamén. Grazas á Policía Local e a Protección Civil de Cedeira por protexernos. Grazas tamén a todos os que fixeron posible esta xornada.

 

ENTROIDO 1

ENTROIDO 2

ENTROIDO 3

Día da Paz

Para celebrar o Día da Paz plantamos sementes, porque sabemos que, igual que a paz, hai que cultivalas e coidalas todos os días do ano!!

Distribuir contido


by Dr. Radut