Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

Regalos do Aguinaldo

Estimadas familias:

O pasado decembro fumos cantar panxoliñas e recaudamos un total de 80,51 euros de aguinaldo. Con ese diñeiro comprouse un regalo para cada unhas das aulas do centro e sobraron 3,31 euros (que serán repartidos para os botes de material das aulas de Educación Infantil, 1,65 para unha aula e 1,66 para a outra). Para calquera dúbida ao respecto podedes consultar na Secretaría do centro.

 

Moitas grazas a todas e todos pola vosa participación.

 

O NADAL NA BIBLIO

O Nadal xa chegou á nosa biblio!

 

NADAL NA BIBLIO

Día da Paz 2021

 

Este ano, para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, estreamos a nosa impresora 3D para elaborar estes símbolos da paz, que posteriormente decoramos e convertemos en colgantes ou chaveiros.

 

Ademais, tamén fixemos un pouco de papiroflexia. O resultado foron estas lindas pombiñas:

Distribuir contido


by Dr. Radut