Skip to Content

Libros de texto e material escolar

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS

REMATADO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE POSIBLES RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E ADMITIDAS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, VELAQUÍ TEDES O FICHEIRO ADXUNTO COA LISTAXE DEFINITIVA. Á VOLTA DAS VACACIÓNS FAREMOS O REPARTO DO MESMOS.

 

FONDO LIBROS. LISTAXE PROVISIONAL.

VELAQUÍ TEDES A LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO DE EDUCACIÓN PRIMARIA NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA O ANO 2018/2019.

 

A PARTIRES DO MOMENTO DA PUBLICACIÓN DESTA LISTAXE, TEDES DOUS DÍAS PARA FACER POSIBLES RECLAMACIÓNS Ó RESPECTO.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA OS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de publicar a Orde do 16 de Maio de 2017 (https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros)  na que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o Venres 23 de Xuño. En calquera caso, debedes ter en conta as seguintes consideracións:

  • As axudas para a adquisición de libros de texto van destinadas ó alumnado que cursará 1º e 2º de Educación Primaria o vindeiro curso.

  • A participación no fondo solidario de libros correspóndelles ós alumnos/as que cursarán 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

  • As axudas para a adquisición de material escolar van destinadas a todo o alumnado que cursará Educación Primaria, cuxas familias teñan unha renda per cápita inferior a 5400 Euros no exercicio fiscal do 2015.

  • Presentarase unha única solicitude por familia (por exemplo: no caso de dous irmáns, é suficiente cunha única solicitude na que se incluirán todos eles/as). Presentarase no centro de orixe, incluso aqueles que teñen previsto cambiar de centro, sempre que o fagades antes de formalizar a matrícula no novo centro. Pola contra, o alumnado que empeza 1º ESO, debe solicitar ditas axudas no instituto no que vaia a matricularse.

  • A documentación a entregar é a seguinte:

                        - ANEXO I da Orde antes sinalada, debidamente cuberto e asinado. 

                        - DNI de todos os membros da unidade familiar, SOAMENTE SE NON AUTORIZA á Xunta de Galicia a comprobación telemática.

                        - Fotocopia de libro de familia, na que aparezan todos os membros da unidade familiar. SEMPRE.

                        - De ser o caso, certificación de que o alumno/a ou algún membro da unidade familiar ten unha minusvalía, AGÁS QUE DITO DOCUMENTO FOSE EMITIDO                              POLA XUNTA DE GALICIA.

                        - Declaración do IRPF do exercicio fiscal 2015, SOAMENTE SE NON SE AUTORIZA á Xunta de Galicia a súa comprobación telemática. 

                        - De ser o caso, documentación acreditativa de violencia de xénero no ámbito familiar.

  • A falta de devolución dos libros emprestados polo centro no curso 2016/ 2017 ou dos libros de texto adquiridos coas axudas correspondentes ó mencionado curso, serán causa de exclusión na participación de ditas axudas. Estes libros, deben ser devoltos ó centro en perfecto estado de conservación antes do 23 de Xuño. De faltar algún libro ou se algún está moi deteriorado, a familiar terá que ocuparse de mercar outro igual.

  • Ó igual que en convocatorias anteriores, a persoa solicitante da axuda, debe comprometerse a conservar en bo estado os libros de texto emprestados, e a incorporalos ó finalizar o curso 2017/ 2018 ó fondo solidario constituído no centro.

 

Ante calquera dúbida ou xestión a realizar, seredes atendidos no centro, preferiblemente en horario de 10: 50 a 11: 40.

 

 

Axudas para material escolar 2015/2016

Acaba de se publicar a orde do 25 de Agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 (clica aquí para vela)

Está destinada ao alumnado de educación primaria cunha renda per cápita igual ou inferior a 5400 €, no exercicio 2013.

O procedemento é moi similar ao das axudas para a adquisición de libros de texto, polo que hai que cubrir un impreso (que podedes recoller no centro ou descargar na ligazón á orde que está máis arriba) co que se xerará un vale de 50 que poderedes canxear nas librerías únicamente por material escolar: libretas, cores, diccionarios, bolígrafos, carpetas...

O prazo de solicitude é dende o 2 de Setembro até o 1 de Outubro.

Documentación necesaria:

  • Copia do libro de familia (sempre).
  • Copia dos DNI de todos os membros computables da familia (soamente se non se autoriza a comprobación de datos).
  • Renda do exercicio 2013 (a de ambros proxenitores de ser o caso e soamente se non se autoriza a consulta de datos tributarios).
  • Acreditación de discapacidade do 33% ou superior de ser o caso (calquera membro da familia).
  • Acreditación de violencia de xénero se se dá esa circunstancia.

Prégase que difundades esta información entre aquelas persoas que poidan estar interesadas en facer a solicitude. Aos que non se acheguen polo centro antes do comezo das clases, enviaráselles a información a través dos alumnos/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut