Axudas para material escolar 2015/2016

Acaba de se publicar a orde do 25 de Agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 (clica aquí para vela)

Está destinada ao alumnado de educación primaria cunha renda per cápita igual ou inferior a 5400 €, no exercicio 2013.

O procedemento é moi similar ao das axudas para a adquisición de libros de texto, polo que hai que cubrir un impreso (que podedes recoller no centro ou descargar na ligazón á orde que está máis arriba) co que se xerará un vale de 50 que poderedes canxear nas librerías únicamente por material escolar: libretas, cores, diccionarios, bolígrafos, carpetas...

O prazo de solicitude é dende o 2 de Setembro até o 1 de Outubro.

Documentación necesaria:

  • Copia do libro de familia (sempre).
  • Copia dos DNI de todos os membros computables da familia (soamente se non se autoriza a comprobación de datos).
  • Renda do exercicio 2013 (a de ambros proxenitores de ser o caso e soamente se non se autoriza a consulta de datos tributarios).
  • Acreditación de discapacidade do 33% ou superior de ser o caso (calquera membro da familia).
  • Acreditación de violencia de xénero se se dá esa circunstancia.

Prégase que difundades esta información entre aquelas persoas que poidan estar interesadas en facer a solicitude. Aos que non se acheguen polo centro antes do comezo das clases, enviaráselles a información a través dos alumnos/as.