TEATRO DE SOMBRAS: "O TOMATE ESBRANCUXADO"

A mestra de música, Beatriz, traballou o teatro de sombras chinesas co alumnado de 6ºA e B de Educación Primaria, levando a cabo a posta en escea da obra "O tomate esbrancuxado". Unha versión feita pola mestra Mª Elena Poutás e polo alumnado de 6ºA.

Os nenos e nenas disfrutaron desta obra, onde se ensina que debemos aprender a respetar ás persoas sen ter en conta a cor da pel...

Tamén contou coa axuda do conserxe Rogelio que participou coa montaxe da mesma e a mestra Raquel Cerviño que escribiu as letras das cancións, partindo da música da canción de "Aserejé" das Keptchup, que todo o alumnado cantou durante a representación e ao remate da mesma.

Por último, hai que felicitar aos alumnos de 4ºB que gravaron a canción na que puxeron todo o empeño do mundo para que saira ben,

E como remate felicitarlles aos alumnos de 6º de Educación Primaria polo traballo ben feito!

Como sempre, compartimos nos seguintes vídeos a representación das dúas aulas:      

Back to top