Obradoiros de verán na EMT

in
No mes de xullo, a Escola Municipal de Teatro oferta os seguintes obradoiros monográficos: TEATRO EN INGLÉS e INICIACIÓN Á COMMEDIA DELL`ARTE. O único requisito para participar é estar empadroado/a en Vigo.

 

Para aqueles/as interesados/as, o prazo de preinscrición comezará o luns 21 de maio e rematará o luns 11 de xuño. As preinscricións poderán facerse nas instalacións da escola (Avenida de Castelao, 87 - interior), en horario de 17:15 a 20:15 de luns a xoves e de 17:30 a 19:15 os venres, ou ben online.

 

Achegamos varios documentos con información máis detallada de cada obradoiro. Para máis información pódese contactar no 986 485 324 ou a través do crreo electrónico em.teatro@vigo.org

Back to top