Visita ao cine do ciclo de infantil.

O pasado venres, o alumnado de infantil fixo unha saída aos multicines Norte para ver unha película e coñecer máis sobre a historia do cine e como se proxectan as películas. A parte de divertirse coa proxección, todos os nenos e nenas puideron ir á sala de proxección, ver como eran as películas antigas e como se proxectaban. Puideron ver moito material relacionado coa historia do cine, así como moitas imaxes de estrelas de fai moitos anos.

Back to top