O caixón das propostas.

A semana pasada o equipo directivo recibiu unha carta moi importante. Nenos e nenas de 2ºB expuxeron nesa carta un problema que tiñan e pedían ao equipo directivo que lles ofrecese unha solución.

Desa iniciativa xurdiu a idea de colocar un CAIXÓN DE PROPOSTAS para que calquera membro da comunidade educativa (alumnado, nai, pai...) poida deixar as súas suxerencias, ideas, queixas... que axuden a facer do colexio o lugar que todos e todas queremos.

Así mesmo, ofrecerase o mesmo servizo de maneira dixital, habilitando un taboleiro de propostas na esquina superior dereita da páxina web do cento, para que a xente que non ten posibilidade de vir ao centro tamén poida expresarse. Para empregar este taboleiro só teredes que pulsar no botón co símbolo + que aparece na esquina inferior esquerda. Se premedes na imaxe podedes acceder ao panel.

O único requisito para poder utilizar este servizo é que non se poden usar descalificativos, insultos ou palabras inapropiadas, e en todo caso respetarase o anonimato en caso de que alguén non quixese mostrar a súa identidade.

Back to top