Como estar limpo, san e feliz en 10 pasos.

Os alumnos e alumnas de 6º de educación infantil levaron a cabo un proxecto de aula centrado no corpo humano e para traballar o tema da saúde realizaron uns panfletos saudables onde escolleron 10 hábitos para estar limpos, sans e felices. Podedes descargar o panfleto aquí.

Para conseguir propagar estes hábitos por toda comunidade, os propios nenos/as de infantil repartiron un a cada alumno/a do centro, e tamén deixaron unha gran cantidade de panfletos na farmacia Lestón para que os repartan á xente do barrio.

Podedes ver máis fotos e vídeos desta tarefa no blogue de 5 anos A e no blogue de 5 anos B

Back to top