REVISTA BREOGÁN 2013

in

Un ano máis, dende hai 32 anos, sae á rúa una nova edición da nosa REVISTA BREOGÁN, a revista do Colexio Balaídos.

Faino coincidindo co mes da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013,que, como ben sabedes, se adica neste ano a ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Nesta revista poderedes atopar traballiños feitos polo alumnado do centro: investigación, pasatempos, composicións literarias (contos, poemas …), debuxos, fotografías, vivenzas, receitas, etc. E tamén poderedes ler: a fermosa carta de despedida das nenas e nenos de 6º; e, por primeira vez,a carta do alumnado de 5 anos de Educación Infantil que rematan a etapa e para o vindeiro curso serán de 1º.

A portada é unha mostra do traballo de recreación plástica desenvolto nas aulas arredor da figura da pintora MENCHU LAMAS.

Queres disfrutar con ela? Pois clica na imaxe.

Queres descargala? Pois clica aquí

Back to top