Axudas libros de texto e material da xunta de Galicia
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
♦ Forma de presentación de solicitudes:
-
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [].
-
Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.
Aquí tedes o enlace con toda a información