EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A HUMOR AMARILLO

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria foi de excursión de fin de curso ao Parque de aventuras "Humor Amarillo" no monte Alba.

Alí dividíronnos en equipos, de 14 nenos e nenas máis ou menos, co seu nome como grupo e baile da victoria! Pasaron por unha variedade de retos: loita de sumo, telaraña, rodillos, pelota xigante...

Pasáronno xenial!

Despois camiñamos un pouco para comer no Monte Cepudo, onde descansamos un ratiño e volvemos deixar voar a nosa imaxinación para seguir xogando e vivindo aventuras neste día tan especial.

Aquí deixamos unha mostra gráfica dalgúns momentos vividos:

 

Back to top