CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

NO ARQUIVO ADXUNTO ACHEGÁMOSLLES O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO ACADÉMICO 2022-2023

 

AS CLASES COMEZARÁN O 8 DE SETEMBRO E REMATARÁN O 21 DE XUÑO, AMBOS INCLUSIVE

Vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

– Entroido: os días 20,21,22 de febreiro de 2023.

– Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

 

Días non lectivos

- Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

- Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos o 31 de outubro de 2022.

- A maiores haberá un día de libre elección do centro que está pendente de autorización pola Consellería de Educación.

Back to top