CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022

 

NO ARQUIVO ADXUNTO ACHEGÁMOSLLES O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022

 

AS CLASES COMEZARÁN O 9 DE SETEMBRO E REMATARÁN O 22 DE XUÑO, AMBOS INCLUSIVE

Vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

– Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

– Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

 

Días non lectivos

- Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

- Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos o 11 de outubro de 2021.

- A maiores haberá un día de libre elección do centro que está pendente de autorización pola Consellería de Educación.

Back to top