Aprazamento da convocatoria de eleccións para a renovación do consello escolar

A RESOLUCIÓN conxunta do 30 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08 de outubro de 2020) pasa a quedar sen efecto pola nova RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e FormaciónProfesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dosconsellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

A situación derivada do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia do COVID-19 levou ás autoridades sanitarias a ditar a Orde do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada doCOVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste contexto, coa finalidade de preservar a saúde das persoas e evitar aglomeracións faise necesario o aprazamento da convocatoria de eleccións a consello escolar de centros docentes sostidos con fondos públicos. Isto é o que dicta esta nova resolución, que sairá próximamente no DOG.

A composición do consello escolar do centro manterase como estaba ata o momento. No caso de ter que cubrir algunha baixa, tirarase da última lista saída da elección anterior.

Back to top