Skip to Content

NOVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA

Dende a materia de E. FÍSICA, péchase o trimestre con varias actividades:

* Dende XOGADE ( XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar) volveron achegarlle á rapazada  a práctica do ciclismo.Esta vez foi o turno do alumnado de 4º de primaria que, a pesares da choiva, desfrutaron moito:

* Aquí tedes o vídeo da final do TORNEO DE  DATCHBALL que viviu o alumnado con moito entusiasmo.

 

 

 E en primicia, o alumnado de 5ºA presenta as novidades dos patios para o 3º trimentre...novos deportes espéranvos, queredes saber cales? 

PATIOS 3.0 3º TRIMESTRE

PREMIO Á CLASE DE 3º DE PRIMARIA!!!

Aló polo Nadal a Deputación de Pontevedra puxo en marcha unha nova edición da campaña “Grazas xoguetes para promover os xoguetes non sexistas e non violentos.

Para participar no concurso, o alumnado tivo que deseñar e fabricar xoguetes orixinais, creativos, igualitarios e non violentos, sen límites nin estereotipos de xénero e con materiais reciclados e reutilizados.  E así foi como as nenas e nenos de 3º se puxeron en marcha...e crearon un ‘Xogo de cartas non competitivo’ con naipes que representan cada un dos planetas do sistema solar e o Sol, e os comodíns da Lúa, as estrelas e o Big Bang.

Esta é a reseña da noticia:

https://www.depo.gal/es/-/noticia-entrega-premios-grazas-xoguetes

Eles mesmos explican o funcionamento do xogo:

Está é a súa creación elaborada con materiais reciclados como caixas de cartón e tapas de botellas no que o obxectivo é que todxs os xogadores queden sen cartas.

De agasallo  recibiron un lote de material educativo igualitario. Foron cargadiños de ilusión a recollelo a Pontevedra na compaña da súa mestra Nerea e da Orientadora do Centro. Aquí os tedes. Parabéns!!! Sons unhas/uns artistas!!!

VISITA POLA VILA DO ALUMNADO DE 4º PRIMARIA

O mércores 15 de maio os alumnado de 4º de primaria, acompañados das súas mestras, fixeron unha saída pola vila.

O obxectivo da saída era obter información para avanzar no traballo que están a facer, dentro do PDI do centro, “A GUARDA É VIDA”.

Comezou a mañá camiñando ata o porto. Alí  esperaba o secretario da confraría para mostrarnos a lonxa e o seu funcionamento.

Durante a visita puideron desfrutar tamén da compaña dun mariñeiro en activo e dun mariñeiro xubilado ós que lles puidemos facer moitas preguntas.Foi estupendo!

Ó saír, xa con apetito, tocou o turno da  merenda. Sitio inmellorable, no porto, o bo tempo acompañaba.

Logo  acercáronse ó restaurante “Porto Guardés” e alí amablemente explicaronlles como é o funcionamento dun restaurante.

Seguiron camiño... seguinte parada  moi cerca... a Praza de Abastos. Alí  esperaba a técnico de turismo do concello da Guarda que lles explicou todo o referente ó edificio da praza e gozaron nos postos de peixe facendo preguntás ós praceiros.

E para rematar a mañá parada no supermercado e alí puideron ver, na peixería, outro destino dese produto tan da nosa vila.

Foi un día moi completo no que aprendemos e á vez desfrutamos moitísimo.

O noso agradecemento á confraría da  Guarda, en especial ao secretario da mesma, que fixo que a visita fose xenial, a Luis e Jose, mariñeiro xubilado e mariñeiro en activo que nos falaron da vida no mar, a Antonio, do restaurante “Porto Guardés”, ao concello da Guarda, a concelleira e á técnico de turismo que nos guiou na praza e ós comerciantes.

OBRADOIRO DE IGUALDADE:" LENTES VIOLETAS"

 Organizado polo CIM da Guarda (Centro de Información á Muller) o alumnado de 5º de primaria asistiu hoxe a un obradoiro de igualdade. Foi unha actividade moi participativa da que nenas e nenos desfrutaron moito.

 Deixamos toda a información no blog da aula:

http://opedocastro.blogspot.com/2023/03/obradoiro-de-igualdade-lentes-violetas.html

SEMANA DE CINE E XOGOS EN BIBLIOPEPIÑO

A piques de cerrar o 2º trimestre, a Biblio volve celebrar a súa semana de cine...15/16/17 DE MARZO

Hai sesión para todxs...pequechxs e maiores. Toda a información no blog da Biblio:

http://bibliopepinho.blogspot.com/2023/03/cine-en-bibliopepino.html

Corre e ...

E o sábado...unha nova xornada de XOGOS EN FAMILIA.

SAÍDA ESCOLAR GRANXA APÍPOLIS

O alumnado do 1º ciclo de primaria, 1º e 2º, fixeron unha fantástica saída á GRANXA APÍPOLIS en San André de Xeve.

Alí, convertéronse en apicultores por un día para coñecer moi de de cerca a vida das abellas. Vestidos como apicultores, viron as colmeas e as abellas que nelas había, a abella raiña e as  obreiras. Fixeron velas coa cera. Probaron o pole. Viron un extractor de mel. Elaboraron galletas de mel que estaban boísimas...

Xogaron e pasaron un día estupendísimo. Sen dúbida, para recordar!!!

 

AUXILIAR DE CONVERSA

De novo, un curso máis, contamos cun auxiliar de conversa en inglés que acompaña ás dúas teacher, Linda e María nas súas clases para  posibilitar a práctica da conversación oral en inglés apoiando ó alumnado tanto de Infantil como de Primaria, para a mellora da lingua oral.

É xa coñecido  do noso alumnado, xa que os acompañou noutro curso.MITCHELL ENGLISH.

Magnífica experiencia que, sen dúbida aproveitará o alumnado!!!!

TORNEO DE DATCHBALL

Dende a aula de EDUCACIÓN FÍSICA, o profe Noel, sempre disposto a innovar e acercarlle ó alumnado moitas actividades novas, organizou un TORNEO DE  DATCHBALL .

Traducido ó noso idioma como "balón prisioneiro",trátase dun deporte de colaboración e oposición disputado nunha cancha dividida. O obxectivo principal é eliminar  os xogadores  do equipo contrario lanzando pelotas e tocándolles con estas antes de que estes rivais consigan o mesmo obxectivo.É unha actividade física que axuda a fomentar o traballo en equipo .

O torneo comezou hoxe no recreo.

 

Aquí quedan algunhas imaxes que deixan ver a implicación e a boa acollida que tivo entre o noso alumnado.

GRACIÑAS PROFE!!!!

ABERTO PRAZO PARA RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023/2024

Queres que  a túa filla/o  veña estudar ó noso Centro?. Dende hoxe ata o 20 de marzo, podes solicitalo.

Aquí deixamos todo o que se precisa:

Este é o horario para xestionar as peticións:

Distribuir contido


by Dr. Radut