Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

A SANGRIÑA PARTICIPA NA MARCHA VERDE!!

O PASADO 27 DE SETEMBRO HOUBO UNHA FOLGA MUNDIAL POLO CAMBIO CLIMÁTICO. NA GUARDA OS CENTROS QUE PARTICIPAN EN VOZ NATURA DECIDIRON QUE OS NENOS E AS NENAS DEBERÍAN APOIAR DITA FOLGA, POR ISO PREPARAMOS UNHA MARCHA VERDE DENDE CADA CENTRO CON PANCARTAS FEITAS POR ELES ATA CASTELO DE SANTA CRUZ.

A HORTA DA SANGRIÑA!!!

A HORTA DA SANGRIÑA  

UN ANO MÁIS ESTÁ DE VOLTA! 

Este ano continuaremos co proxecto “Un patio cheo de vida” que se iniciou o ano pasado. Pouco a pouco o profesorado do centro, coa colaboración do alumnado e das familias, está mudando o mesmo. 

A finalidade é lograr que o patio sexa un espazo dinámico, no que se contribúa ao desenvolvemento das competencias clave, dende unha perspectiva lúdica. 

Os resultados do ano pasado foron moi positivos!!! Como podedes recordar cultivamos leitugas… Polo que   durante este mes comezaremos a plantar produtos típicos do outono. Xa que estamos cheas e cheos de enerxía e ganas!!! 

Pero antes as mestras e mestres tivemos que poñernos mans á obra…  

 

 

MIRADE COMO ESTABA ANTES...

QUEDA APRAZADA A MARCHA VERDE PARA O VINDEIRO VENRES

O venres 27 de setembro tiñamos todo preparado para a marcha verde: pancartas, camisetas verdes, calzado vello para prantar, landras, terra.. pero comezou a chover e tivemos que pospolo para o próximo venres 4 de outubro!!!

O próximo venres 27 de setembro a poiaremos a folga mundial polo clima!!

O vindeiro venres 27 de setembro o noso centro apoiará a folga polo clima facendo unha marcha verde con pancartas reinvindicativas ata o Castelo de santa Cruz. Alí xunto cos outros centros educativos públicos da localidades faremos unha plantación de landras en calzado vello.

Apertura do prazo de inscrición das Deporte Escolas 2019-2020 da Deputación de Pontevedra (gratuítas)

“Deporte Escolas” é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvem

CAMPAÑA ESCOLAR A FAVOR DE LA SALUD VISUAL

Un año más, la 

COMEZAMOS UN NOVO CURSO CON MOITAS NOVIDADES!!

ESTE CURSO COMEZAMOS CON MOITAS NOVIDADES, A PRIMEIRA DE TODAS É QUE TEMOS UN NOVO EQUIPO DIRECTIVO, FORMANDO POR ISABEL LOMBA ALONSO (MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL)E  LINDA RODRÍGUEZ SANTOKE  (A NOSA MESTRA DE INGLÉS) QUE XUNTO CO NOSO QUERIDO E RESPETADO PROFE GIL (MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA) TRABALLARÁN NA PROCURA DUN COLE MELLOR.

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2019/20

O CLAUSTRO DO CEIP A SANGRIÑA QUERE DARVOS A BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR E LEMBRARVOS QUE AS CLASES COMEZARÁN O PRÓXIMO MÉRCORES 11 DE SETEMBRO.

Aquí vos deixamos o calendario escolar:

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO DE LIBROS CURSO 2019/20

AQUÍ ESTÁ A LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

VÍDEOS FESTIVAL FIN CIRSO 2018- 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut