Skip to Content

BICICLETAS NO CENTRO

XOGADE é o acrónimo de XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar. Un programa deseñado pola Xunta de Galicia co que se pretende achegarlle á rapazada  a práctica do deporte.

Abrangue múltiples disciplinas e, no noso caso, o alumnado de 5º de primaria gozou no patio do ciclismo.

 

 

 

Fomentar o deporte nos máis novos e novas garántenos contar con bos deportistas e atletas no día de mañá, e o que é máis importante, consolidar eses hábitos que mellorarán a calidade de vida de todos os nosos cidadáns.

Xa o día anterior foron traendo as súas bicicletas con moita ilusión. E chegou o día. Todo preparado no patio...Comezaron!!!

E aquí os tedes en acción. Canto desfrutaron!!!

ACTIVIDADES VOZ NATURA CURSO 2022/2023. O NOSO COMPOSTEIRO

Recollemos no vídeo como facemos o compost no Centro, a diario o noso alumnado recolle os restos da súa merenda e lévaos ó composteiro que temos ó lado da horta. Son eles mesmos os encargadxs de botarlle os produtos necesarios para que estea en perfecto uso. Tamén o alumnado que vai ó comedor fai esta función a diario.

E...para que se usa? Pois abonamos con el as árbores plantadas e as que acabamos de plantar.

Aquí tedes a explicación en imaxes:

  

Agradecemento especial ó profe Gil que se achegou ó Centro para a plantación.

23 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o 23 DE FEBREIROdía de ROSALÍA DE CASTRO, o alumnado do CEIP A Sangriña deléitanos con este videoclip da marabillosa cover (versión ) que MJ PÉREZ, cantautora galega, fixo da canción da cantante Rosalía "Malamente", á que lle puxo a letra da poesía da nosa Rosalía de Castro. 

      Castellanos de Castilla

Esta é a poesía:

 http://bitaculas.as-pg.gal/sondepoetas/2020/07/03/castellanos-de-castilla-rosalia-de-castro/

Este é o vídeo:

 

O noso alumnado encheu o cole de debuxos da nosa Rosalía:

A SANGRIÑA. ENTROIDO 2023. VENRES

Día grande na celebración do noso entroido. Para comezar, coma sempre, nenos e nenas co seu disfrace, hoxe como cada un/unha quixo. Coma sempre moi logrados. 

Aquí os tedes: 

 E...nunha mañá solleira pero con algo de friaxe baixamos ó patio, ía suceder algo especial.

De súpeto...algo soou e chegou ela, a pantalla, índa que non era unha pantalla calquera, era a nosa pantalla máis especial que tiña como misión percorrer o patio e ser perseguido polos máis pequenetes.

Fermosas imaxes que nos deixa a actividade:

O seu remate, outra actividade novedosa, a fariñada. O patio tinguiuse de branco. Batallas de fariña divertían a nenas e nenos...que non o credes, mirade mirade:

 Agora turno para a batucada. Baixou o alumnado de 5º e 6º portando instrumentos de percusión caseiros e comezou a música co seu ritmo acelerado. Foron percorrendo o patio e detrás fóronse unindo os demais cursos nun desfile cheo de cor.

Deixamos un anaquiño:

 

 Hora de merendar!!! tanta actividade encheunos de fame. Todo estaba preparado. Graciñas, esta vez, ás familias de 1º e 2º. Todo exquisito, non deixaron nadiña:

Para rematar o alumnado de 6º foi o encargado de facer as coplas previas á queima do meco:

Poñemos fin a este entroido 2023 na Sangriña coa queima do meco:

Agradecemento especial ó Equipo de actividades extraescolares, encargado da actividade,á nosa pantalla especial, profe Noel, a Antonio pola Batucada e ó resto de mestras e mestres por estar sempre dispostxs a todiño.

ATA O VINDEIRO ENTROIDO!!!

ENTROIDO 2023. XOVES

Penúltimo día de entroido. O cole encheuse de ilustres guardesas e guardeses: lagostas, bandas do Monte, castrexos, redeiras , mariñeiros...e ata tres!!!alcaldes.

As nosas familias derrochando imaxinación...

 

ENTROIDO 2023. MÉRCORES

Para hoxe o meco dixo...

ALGO DEPORTIVO...e remexeron nos armarios e apareceron no cole futbolistas, ximnastas, baloncesto, boxeadoras e moitos deportes máis...imaxinación ó poder!!!!

Aquí quedan para que o comprobedes:

  

INVITACIÓN ÁS NOSAS FAMILIAS. ENTROIDO 2023

Prezadas familias:

O Claustro de mestras e mestres do Ceip A Sangriña convida ás familias do noso alumnado ó remate do Entroido 2023.

Compartiremos desfile, unha actividade que están preparando o alumnado de 5º e 6º que vos vai sorprender e remataremos como toda festa galega, merendando claro!!!

Aquí tedes a invitación: 

 

ENTROIDO 2023. MARTES

Día moi solleiro que acompañou á cor dos disfraces das nosas nenas e nenos...carapuchiñas, ratiñas,heroes...persoñaxes moi variados que encheron o Centro de cor e entusiasmo.

Cumprindo as ordes do meco viñemos de ...DEBUXO ANIMADO:

 

ENTROIDO 2023. LUNS

Xa chegou!!!!  Xa está aquí o noso entroido. O meco deu a orde...

E...nenas e nenos cumpriron...pixamas, batas, zapatillas de todas as formas, tecidos e debuxos e ata bonecos de peluche...iso si!!! frío non pasaron. Aquí están:

 

CHARLA SOBRE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil Elena Dominguez do posto de Tomiño,  invitamos ás familias do Centro a asistir a esta 2ª charla que promete ser tan interesante coma a anterior.

 

Será o vindeiro MARTES 14 ás 4.30 h na Biblioteca do Centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut