Skip to Content

“DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN”

Versión para imprimir

Queridas familias:

O día 21 de marzo conmemórase o DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

No noso centro quixemos facer a nosa achega e, por iso, 4º de Primaria preparou un traballo partindo da historia de Pepita, a protagonista do conto “Pepita es especial” de Fabiola Arroyo e Irene G. Lenguas.

A continuación tedes o vídeo co marabilloso resultado deste traballo. Parabéns mestras, nenas e nenos!

 

Como acabades de escoitar, gustaríanos que o luns 22 cada nena e neno veña á escola con calcetíns desparellados, pequeno acto simbólico que se  fai dende hai uns anos para conmemorar este día.  No enlace da Federación Síndrome de Down Galicia, que tedes a continuación, podedes ler a explicación de como naceu esta iniciativa.

 

https://downgalicia.org/es/2020/03/18/calcetines-desparejados-para-conmemorar-el-dia-mundial-del-sindrome-de-down/



page | by Dr. Radut