Biblioteca

FOMOS SELECCIONADOS PARA O VOLUNTARIADO DE LECTURA

Por todo o voso esforzo e implicación coa biblioteca  ao longo deste curso 2016-2017 ...fomos elixidos como un dos oito centros con MEGACOLABORADORES de biblioteca.

 

Máis información clicando na imaxe

 

UNHA VIAXE POR AUSTRALIA

Os rapaces e rapazas de Infantil de 5 anos levan todo o curso viaxando por Australia.

Mirade como nos contan os seus descubrimentos!!!

Clica na imaxe

 

VIAXAMOS A EXIPTO

Ola rapaces e rapazas!
 
Como sabedes este ano, dende BiblioPepiño, estamos levando a cabo a P.D.I." Viaxamos polo mundo"
 
Nestas datas e aproveitando a celebración do Entroido os alumnos de 6ºB,   fixeron un photocoll, que  puxeron na entrada do cole, ao lado do mural do Proxecto e invitáronvos a viaxar con eles a Exipto.
 
 

 

Aquí están as vosas fotos de recordo!
 

 

 

 

 

 

 

 

 





CONTOS DO MUNDO: VIAXAMOS A BRASIL

 Ola rapaces:

Hoxe quérovos contar a onde me levaron o pasado martes os alumnos/as e profes do IES A Sangriña, enmarcado no noso proxecto de biblioteca, viaxamos a...Brasil!!!!

Si, si, a Brasil... ese país situado na outra beira do Atlántico, onde celebran un entroido espectacular e teñen unhas praias aluciantes. 

 
Clica na imaxe e descubrirás a nosa actividade
 
 

CONTOS DO MUNDO: VIAXAMOS A CHINA

 Hoxe,  no apartado Contos do Mundo, que se  ven desenvolvendo  desde BiblioPepiño en colaboración coa biblioteca do IES A Sangriña viaxamos a China, concretamente a Macao.

Queres ver como foi? Clica na imaxe

 

  

 

CONTOS DO MUNDO: VIAXAMOS A PORTUGAL

O pasado xoves comezamos osContos polo Mundo, actividade enmarcada na nosa PDI: Viaxamos polo mundo.

Nesta ocasión viaxamos a Portugal coa historia de: O MACACO DO RABO CORTADO. Interpretado polos alumnos de 1º de Bacherelato do IES A Sangriña.

 Clica na imaxe


Saída do clube de lectura a Baiona

O pasado venres, 10 de xuño o Departamento de dinamización Lingüística do CEIP A Sangriña organizou unha saída a Baiona coa intención de premiar aos participantes do noso Club de Lectura. Alí fixemos unha andaina rodeando o Parador e gozando dunha visita as súas instalación nas que nos atenderon con moita amabilidade. Tamén tivemos tempo para merendar no parque contiguo,  probar a tirolina e pasar unha mañá diferente e divertida. Para o próximo curso  esperamos poder repetir e dende xa animámosvos a que vos apuntedes.

Powered by Drupal - Design by artinet