AVISO REUNIÓN DE 3 ANOS

   Mañá martes 6 de setembro ás 5 da tarde terá lugar a  reunión cos pais e nais de 3 anos nas respectivas aulas de infantil.

     4º A - aula 5 - Titora: Sara Delgado

     4º B - aula 1 - Titor: Jose Carlos Domínguez

     4º C - Aula 7 -Titora : María SanMartín

Agustín Fernández Paz

   Desde o Ceip A Maía o noso sentido adeus ao grande Agustín  Fernández Paz. Fai moitos anos que prestou desinteresadamente o seu nome para a nosa Biblioteca escolar e sempre nos sentimos agradecidos e orgullosos de levalo e seguirá sendo así. Continuaremos incansablemente espallando a lectura baixo o noso/teu lema “Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade” (Agustín Fernández Paz)

 

Grazas mestre!

(A nosa Biblioteca Escolar tamén se despide de Agustín: ler +)

AVISO IMPORTANTE: RECOLLIDA DE VALES PARA LIBROS E MATERIAL

Xa están dispoñibles os vales para adquirir material e libros de texto para o curso 2016/17.

Pasen pola secretaría do centro para recollelos.

Horario de recollida:

De luns a venres de 10:00h a 13:30h

Despedidas

  Este curso que remata despedimos a varias compañeiras que nos acompañaron, algunhas só este último ano  e outras como Maca durante máis de 12 anos. Desde os seus postos no departamento de inglés (Gloria e Maca), nas clases de primaria (Hilda e Natalia) e o Departamento de Orientación (Carolina como orientadora e Ana en audición e linguaxe), todas elas contribuiron co seu esforzo e dedicación na boa marcha do colexio, participando ademáis nos Equipos de Dinamización do Galego, de Dinamización da Biblioteca e de Actividades Complementarias... Tamén despedimos a Andrea que veu como reforzo e foi un punto de apoio moi importante para educación infantil, a Xulia e Sandra (membros do equipo de Orientación), e a Vanesa (profesora de relixión) itinerantes e compartidas con outros centros.

     A todas elas lles agradecemos o seu traballo e dedicación e lles desexamos boa sorte nos seus novos destinos!

AVISO IMPORTANTE PARA NAIS, PAIS, FAMILIAS DE ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

AVISO IMPORTANTE PARA NAIS, PAIS, FAMILIAS DE ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

 

A día de hoxe, a aplicación informática de xestión académica (XADE), non nos permite obter o historial nin o expediente académico, polo tanto non poden pasar a recollelo na data que se lles puxo no centro. En canto estén dispoñibles avisarémolos para que pasen a retiralos.

Para a matrícula no IES poden levar a fotocopia das cualificacións do curso 2015/16.

 

Desculpen a molestia.

 

A Dirección do centro

 

 

REVISTA escolar curso 2015-2016

    Revista escolar en formato dixital elaborada cos traballos, visitas, exposicións e saídas dos alumnos e alumnas realizados ao longo deste curso. Os números anteriores están nunha pestana na banda laterial dereita.

 

 

MEMORIA FOTOGRÁFICA do curso 2015-2016

    No Ceip A Maía fixemos, para despedir o curso, unha exposición que recolle a Memoria Fotográfica deste ano, coas actividades en común para todo o centro. E tamén está a maqueta que construiron os alumnos de 4ºA dentro do seu proxecto "pés na rúa". As fotografías están colocadas nas pistas na entrada do colexio e a maqueta está no interior. Queremos agradecer á nosa compañeira Ana Bolaño o seu traballo para montar esta exposición (seleción, maquetado, plastificado...) e aos rapaces de 4ºA por facer esa maqueta, a escala!, que tan ben mostra as nosas instalacións.

Pés na rúa: excursión en bici de 4ºA

   Este venres os rapaces de 4ºA remataron o seu traballo de investigación dentro do proxecto "pés na rúa" cunha saída en bici polo contorno. 11 km de aventuras.

   Para saber como lles foi entrade no seu blog, premendo no icono á dereita, ou LER MÁIS AQUÍ +  

a qué sabe a lúa en infantil?: unha obra de teatro de 5ºC e unha película Stop motion de 4ºA

   Os alumnos de 5ºC de Infantil coa profe Rosana e o apoio da profe Andrea fixeron no escenario da Biblioteca unha representación do conto: a qué sabe a lúa?. Subidos no escenario deron vida aos animais  que queren trepar ata ela para comprobar o seu sabor...

   Por fin e despois de varios erros técnicos conseguimos gravar a obra. Podedes ver como foi, na web da biblioteca, premendo AQUÍ.

   E ademáis os pequenos de alternativas de 4ºA fixeron coa profe Loli un corto de animación en Stop Motion. LER MÁIS + 

Amadriñamentos lectores entre 3ºC de primaria e infantil

    Durante a hora de ler, os alumnos de 3ºC fixeron de padriños e madriñas de lectura para os pequenos de infantil. No blog da Biblioteca tedes unha entrada con video sobre esta actividade tan interesente e coa que disfrutaron moito maiores e pequenos. LER MÁIS +

Distribuir contido