INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E A COMUNIDADE EDUCATIVA

Estimadas familias:

 

Comunícolles que se confirmaron 2 casos da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Ata o momento detectáronse 2 casos. O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 14 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

 Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

 • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.

 • Os contactos estreitos (persoas a menos de 2m sen mascarilla durante máis de 15 minutos) deben realizar corentena durante 14 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 6 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.

 • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.

 • Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

 Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS .

 

Reciban un cordial saúdo.

A dirección do centro.

INCORPORACIÓN ALUMNADO DE PROGRAMAS FORMATIVOS

O alumnado de programas formativos de xardinería e peiteado, incorporarase ao centro o día 25 de setembro.

O alumnado que non pagou o seguro escolar debe facelo  canto antes, deben recoller o impreso no centro.

Estamos a recibir as facturas para xustificar as becas do curso 2019-2020 e tamén cubrindo as do curso 2020-2021, realicen estas xestións canto antes. A orientadora do centro pode asesoralos nestes trámites Deben vir ao centro a unha hora distinta á do recreo de 11:40 a 12:10.

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS PARA UNHA VOLTA SEGURA AO COLEXIO

Estimadas familias

Aqui, en documento anexo poden ver algunhas recomendacións para unha volta segura ao colexio.

PREMA AQUÍ

 

 

INCORPORACIÓN CURSO 2020-2021

 

NORMAS BÁSICAS PARA A INCORPORACIÓN AO CURSO 2020-2021

 

 - Cada día nas súas casas antes de incorporarse ao centro deberán realizar unha autoenquisa sobre síntomas Covid que aparece na web  e se observan  algún destes síntomas o alumnado  non deberá incorporase ao centro. Pinche aquí.ESTA ENQUISA NON SE ENTREGARÁ NO CENTRO.

 - Chamarase ao centro ao responsable covid e pedirase cita no pediatra do alumno ou alumna ou no centro médico para unha posible proba. Non se acudirá oa centro ata coñecer o resultado desa proba.

 - Un alumnado debe traer unha máscara posta e unha de reposto nun estoxo. No caso de alumnado de internado traerán as máscaras para os 5 días e os seus repostos.

 - As familias deben asinar unha declaración responsable de non atoparse o alumnado con síntomas de Covid -19. Entregarana o primeiro día ou antes no centro e poden descargala para asinar en ANEXO ou firmala no centro.

 - As familias só acudirán ao centro para temas administrativos e non en horario de patio de 11:40 a 12:10.

 - Se veñen a buscar ao alumnado antes da saída farase pola porta principal asinando que o recollen e a poder ser deben avisar que van vir a recollelo.

 - O protocolo do centro para a incorporación será publicado na web do centro, que pasa a ser a canle de comunicación coa comunidade educativa e as familias. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceesantamaria

- A web do centro será a canle de comunicación coa comunidade educativa, procuren visitala.

 - Tamén usaremos a aplicación Abalarmóbil que deben descargar no seu móbil. Se teñen dificultades chamen ao centro. Hai publicado un vídeo explicativo sobre a aplicación na web do centro.

 - Poden aclarar ás dúbidas que poidan ter no tef 982829220 ou  no correo electrónico cee.santamaría@edu.xunta.gal.

 - Cada vez que acudan ao centro deben realizar unha desinfección de mans con xel usando un dispensador automático que se atopa na entrada.

 - Non circulen polo centro ao chegar esperen en conserxería e usen máscara en tódalas instalacións.

 - Procuren chamar por teléfono ou usen o correo electrónico para solucionar as dúbidas ou realizar pequenas xestións.

 - Serán avisados cando deban realizar xestións no centro.

 - Recordamos que non está permitido o uso do teléfono móbil  no centro ou outros dispositivos electrónicos.

 - Este curso non realizaremos a actividade de piscina pola crise sanitaria e as baixas que se produciron ao longo do curso pasado.

- A ANPA do centro valorará a realización de actividades polas tardes, repectando as normas do protocolo de incorporación e presentando un propio desas actividades .En todo caso os seus responsable serán que respectar o grupos de convivencia establecidos.

- Deberán extremarse as medidas de hixiene persoal.

 - O alumnado respectará as normas establecidas e as medidas protocolarias en todo momento, tendo en conta as súas capacidades de comprensión das mesmas.Entodo caso aplicarase o réxime sancionador vixente.

 

Gracias pola súa colaboración. Un cordial saúdo.

 

Equipo directivo do CEE SANTA MARÍA

 

 

 

 

ENQUISA SÍNTOMAS COVID 19

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN

Todos os membros da comunidade educativa debe comprometerse a facer, antes de vir ao colexio a ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19  

Non asistirán ao centro aqueles estudantes, docentes e outros profesionais que teñan síntomas compatibles con COVID-19, así como aqueles que se atopen en illamento por diagnóstico de COVID-19, ou en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19

RECURSOS PARA AS FAMILIAS

Aquí poden ver recursos sobre o COVID para as familias e o alumnado.Están realizados con recomendacións da OMS  e postos a disposición da comunidade educativa pola Xunta de Galicia.Están relacionados co lavado de mans e outras medidas hixiénicas.

VIDEO1

VÍDEO2

VIDEO4

VIDEO5

VIDEO6

DATAS COMEZO DE CURSO

O alumnado comenzara as clases o día 10 de setembro,salvo programas formativos que empezaremos o 18 de setembro,según os  últimos cambios introducidos pola Conselleria para a incorporación progresiva ás aulas.

Reciban un cordial saudo