SUMINISTRO DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

Publicada ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

 Alumnado destinatario:

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda familiar.

Así o alumnado beneficiario da axuda para material escolar non terá que presentar instancia de solictude.

Todo o noso alumnado é beneficiario de axuda de libros polo que non terá que presentar solictude.

Pronto recibiremos as instruccións para este reparto de máscaras que realizará o centro con cargo a fondos adicionales recibidos pola Consellería de Educación.

 

 

 

 

 

 

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias:

A Xefatura Territorial de Lugo AUTORÍZANOS como DÍA NON LECTIVO o 18 de maio de 2021, a petición do centro, oído o consello escolar, según a Orde que regula o calendario escolar para o curso 2020-2021.

Reciban un cordial saúdo.

O director.

LIMITACIÓN DE MOVEMENTOS POLA COVID-19 EN GALICIA

A Xunta de Galicia acaba de publicar no DOG do 30 de outubro unha serie de medidas que restrinxen o movemento de persoas en varios lugares de Galicia, entre eles Lugo.

Estas medidas NON AFECTAN AOS CENTROS EDUCATIVOS e polo tanto o noso colexio funcionará con normalidade o luns día 2 de novembro.

Poden consultar o DOG AQUÍ

Reciban un cordial saúdo.

O director.

 

ADIAMENTO ELECCIÓNS RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

A Consellería de Educación decide adiar  as eleccións para a renovación dos consellos escolares, sen establecer unha data para a súa celebración.

MAÍS INFORMACIÓN

 

Para dar cobertura ás vacantes que se puidesen ter producido ata a celebración das eleccións para a renovación dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar seguirase o establecido no artigo 55 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. 

No noso centro unha persoa representante do sector familias será sustituída pola primeira suplente elexida nas eleccións do ano 2018.

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:
Según a Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se estabelce o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares, este ano celebraremos esas eleccións cunha renovación parcial do consello escolar do noso centro. Esta renovación será a seguinte:
- dúas persoas representantes do persoal docente.
- dúas persoas representantes do persoal non docente.
- tres persoas representantes das familias.
Entón temos que constituir unha Xunta Electoral encargada de organizar estas eleccións, composta por unha persoa representando as familias, outra representando ao sector do persoal non docente e outra ao persoal docente, exercendo a presidencia a dirección do centro. A elección destas persoas farase por sorteo público na sala de mestres do centro o día 27 de outubro entre as 11:40 e 12:10. A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e o 5 novembro de 2020, de acordo co artigo 2.2 da Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, que establece o calendario de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Seguiremos informando sobre todo o proceso electoral que rematará coas eleccións que se realizarán entre o 23 e o 27 de novembro. O calendario electoral será elaborado pola Xunta Electoral que antes lles indicaba.

Gracias pola súa colaboración.

Reciban un cordial saúdo.

 

ACTIVIDADES CONCELLO DE LUGO

O Concello de Lugo ofrece actividades non presenciais e envianos máis información que lles transmitimos. Teñen toda a información neste enlace http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/actividades-extraescolares-en-centros-publicos

O CEE SANTA MARÍA non xestiona estas actividades, todo é xestionado polo Concello de Lugo.

Gracias pola súa colaboración. 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCELLO DE LUGO-ACTIVIDADES ON LINE.

Estimadas familias:
Recibimos correo electrónico no centro procedente da persoa responsable das actividades do CONCELLO DE LUGO, no que se nos dí que ofrecen ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ON LINE, non presenciais. AS ACTIVIDADES SERÁN O MARTES BAILE MODERNO E OS XOVES MANUALIDADES, DE 17 A 18 HORAS.
Para inscribirse deben enviar ao noso centro os seguintes datos:
- Nome e apelidos do alumno/a.
- Idade.
- Dirección  de mail.
Envien os datos e cee.santamaria@edu.xunta.es
Despois o centro envia os datos ao Concello .
As actividades están organizadas e xestionadas polo Concello de Lugo, o noso centro non xestiona nada destas actividades.
Gracias. Un saúdo.
O director